Skip to Content

Alumnado do CPI As Revoltas gañador do concurso de Teatro Lido do Concello de Carballo recibidos polo Alcalde de Cabana

Recepción no Concello de Cabana polo Alcalde Don José Muiño.

O PASADO 25 DE NOVEMBRO, O ALUMNADO DE 3º EP GAÑADOR DO CONCURSO DE TEATRO LIDO, FOI RECIBIDO POLO ALCALDE NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO E OBSEQUIADO CUN LIBRO

Màis fotos da recepción:

O pasado domingo, 3 de novembro, dous grupos de rapaces do CPI As Revoltas, resultaron gañadores do XIII Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís", organizado polo concello de Carballo. Os premios foron entregados nun acto que tivo lugar no auditorio do Pazo da Cultura.

Na primeira categoria (nenos e nenas de ata 10 anos) resultou gañador o grupo "Os Revoltiños" coa obra "Puchiño vermello", formado por Brais,Tania, Lara, Isaac, Iago e Hugo. Todos eles cursan terceiro de Educación Primaria.

Na segunda categoria, (nenos e nenas a partir de 11 anos) gañou o grupo da Escola Municipal de Teatro de Cabana de Bergantiños, coa obra "O auto do labrego", formado por tres rapaces de terceiro da ESO: Yago, Mariña e Sergio.     

Noraboa aos gañadores!!


 

 

 



Punto Laranxa contra o acoso escolar
blog | by Dr. Radut