Educación Primaria
OBRADOIRO DE CANTO E BAILE A CARGO DE EMILIO MESÍAS FARÍAS
Enviado por admin o Lun, 08/04/2013 - 16:43O EDL organizou un "Obradoiro de iniciación ao canto e o baile” impartido por Emilio Mesías. Mediante o baile os alumnos tomaron consciencia do espazo e das partes do seu corpo ademais de traballar e aprender cancións infantís con rítmicas sinxelas acompañadas de bailes, movementos e xogos.
Damos as grazas a Emilio pola desinteresada na realización deste obradoiro.
Aquí tedes un pequeno vídeo do que foi a actividade:
Traballo realizado sobre o obradoiro pola nosa Dinamizadora: Yolanda Castro López:
MUSEO do HUMOR
Enviado por admin o Lun, 19/03/2012 - 15:12O pasado 29 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Primaria (68) do noso centro asistiu a unha visita do Museo do Humor e ao Parque de Educación viaria en Fene.
No Museo do Humor, realizaron unha visita guiada, asistiron á presentación dunha proxección sobre a exposición “O humor e os dereitos da infancia” e, ao remate, participaron nun taller de pintado de debuxos e realización de ilustracións humorísticas. O percorrido dos alumnos do colexio Conde de Fenosa coincidiu cunha visita dun equipo do programa A Revista da TVG que realizou un directo dende o Museo do Humor (Pódese visionar dende a web da CRTVG (http://www.crtvg.es/tvg/programas/a-revista).
O mesmo alumnado participou tamén nos obradoiros de educación viaria que se imparten no antigo apeadoiro de Barallobre e nos que se lles ofrece a posibilidade de conducir karts, bicicletas e triciclos por un circuito sinalizado.
Exemplos das actividades realizadas polo noso alumnado son:
Primeiro Ciclo de Primaria
Enviado por admin o Mar, 14/02/2012 - 15:33Blog do Primeiro Ciclo de Educación Primaria
Enviado por admin o Lun, 14/11/2011 - 21:27O primeiro ciclo de Educación Primaria presentan as súas actividades a través do seguinte blog:
http://parairempezando.blogspot.com/