Erasmus+

Que é Erasmus+ ?

Erasmus+ é un programa europeo no ámbito da educación, formación xuventude e deporte para o periodo 2014-2020.

É un programa único que trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademáis de axudar aos nosos sistemas de educación, formación e xuventude, a proporcionar unha ensinanza e un aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura.

O noso centro está participando dende este curso académico 2017-2018 tanto a nivel de profesorado como a nivel de alumnado:

  • cos seguintes fins:
    • Mellora da ensinaza aprendizaxe e competencia lingüística.
    • Intercambio de coñecementos e métodos de traballo.
    • Ampliación de horizontes e incremento de aspiracións.
    • Experiencias de desenvolvemento profesional únicas.
    • Incremento de nivel do centro educativo.
  • coas seguintes actividades:
    • Mobilidades de 6 profesores deste centro neste curso, participando nun consorcio organizado polo CFR de Ferrol de 19 centros: 2 profesoras asistiron en novembro a Romanía, 1 profesora irá en marzo a Burdeos (Francia) e 3 profesores irán en xullo a Gales,  para asistir a cursos de formación.
    • Mobilidade de 5 alumnos de 4º de ESO acompañados pola auxiliar de conversa do centro para desenvolver un PROXECTO DE INTERCAMBIO DE XENTE NOVA co Nome: “Let Me Think About It” LMTAI (Deixame pensalo) a Croacia do 8 ao 17 de marzo de 2018. O obxectivo principal  é de espertar a conciencia do pensamento crítico na sociedade actual para combatir o incremento das novas falsas “fake news” e o renacer do racismo entre outros aspectos. Participan: 30 rapaces de Lituania, Polonia, Eslovenia, España, Turquía e Croacia con 6 monitores.

Máis información no seguinte enlace:   Erasmus+

 

Distribuir contido