Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Historia, Ensinanzas, Documentos do centro, Autorizacións

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023  (Modificado)

INFORMACIÓN DOS DOCUMENTOS, PROGRAMACIÓNS... Á COMUNIDADE EDUCATIVA

Estamos modificando pouco a pouco os documentos:

  • Modificación das programacións en canto á avaliación, titulación e Promoción para adpatalas á novas ordes de Avaliación:

           PENDENTES DE APROBACIÓN NO C.E. o día 24 de maio

  

  • Aprobados no Claustro e Consello Escolar do 27 de setembro:

 

 

 

ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

PROCESO DE ADMISIÓN (SÓ PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO)  - CURSO 2021 –2022

 Este proceso estará regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG. 15/03/13), polo Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG. 26/12/2012) e pola Orde 25 de xaneiro de 2017 (DOG. 01/02/2017) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

  • Os postos escolares ofertados polo centro para o curso 2021-22 son os que se sinalan no Anexo I.
  • O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 22 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • No caso de proxenitores separados, divorciados ou non unidos por ningún vínculo legal, a solicitude ten que estar obrigatoriamente asinada polos dous titulares.
  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro elixido en primeiro lugar. En caso contrario perderá os dereitos de prioridade.
  • Se un alumno/a cambia de centro deberá comunicar a renuncia á reserva de praza no centro de orixe antes de matricularse no novo.
  • Se houbese máis solicitudes que prazas nalgún nivel educativo, solicitarase a documentación complementaria para o baremo entre o 25 de marzo e o 15 de abril.
  • As listas provisionais de admitidos/as publicaranse o día 23 de abril, podendo reclamar contra as mesmas no prazo de 5 días hábiles mediante instancia dirixida á Dirección do centro.
  • As listas definitivas de admitidos/as publicaranse o 14 de maio de 2021.
  • A formalización de matrícula realizarase no período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño en educación infantil e primaria, e entre o 25 de xuño e o 10 de xullo na ESO
  • O alumnado poderán usar os servizos de transporte e comedor segundo a lexislación vixente, marcándoo no impreso de admisión e presentando logo a correspondente solicitude específica cando formalicen a matrícula.

PRAZO: Do 1 ao 22 de Marzo de 2021

LUGAR: 

DOCUMENTACIÓN:

Outra documentación a entregar:

  • FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA
  • FOTOCOPIAS DO DNI DE TODOS OS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR
  • SENTENZA DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO (se é o caso)
  • XUSTIFICACIÓN DAS NECESIDADES DE ATENCIÓN EDUCATIVA ESPECÍFICAS (se é o caso)
  • CERTIFICACO DE MATRÍCULA DO CENTRO ANTERIOR (se é por traslado)

 

 

PRESENTACIÓN ETAPA ESO

No vindeiro curso académico(2020-2021) non haberá novas seccións bilingües como tiñamos pensado(nas materias de Matemáticas e Música) posto que a Consellería non publicou a Resolución por mór do estado de alarma debido ao COVID 19.

 

Implementado coa lingua de signos

MODIFICACIÓNS ÁS PROGRAMACIÓNS CURSO 2019-2020

 

Estimadas familias:

 

Ao principio do curso 2019/20, nas reunións de titorías do alumnado, recibíchedes toda a información sobre os mínimos, os estándares de aprendizaxe e a os procedementos de avaliación e cualificación do alumnado.

 

A situación na que nos atopamos, require unha modificación dos mesmos, xa que as actividades deste trimestre, sirven para consolidar as aprendizaxes realizadas nos dous primeiros trimestres. Esta avaliación so poderá ter valor positiva para a cualificación do alumnado, polo que ningún alumno/a poderá ver minorada a nota recibida nas avaliación anteriores (Instrucións do 27 de abril de 2020, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia).

 

No seguinte cadro expoñemos as modificacións establecidas e a información de cada etapa/nivel/curso educativo:

 

NIVEL/CURSO/ETAPA MODIFICACIÓNS Á PROGRAMACIÓN
INFANTIL  MÍNIMOS E AVALIACIÓN
1º EP  ESTÁNDARES E AVALIACIÓN
2º EP  ESTÁNDARES E AVALIACIÓN
3º EP  ESTÁNDARES E AVALIACIÓN
4º EP  ESTÁNDARES E AVALIACIÓN
5º EP  ESTÁNDARES E AVALIACIÓN
6ºEP  ESTÁNDARES E AVALIACIÓN
MATERIAS ESO
 BIOLOXÍA E XEOLOXÍA  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN
 CULTURA CLÁSICA  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN
 ECONOMÍA  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN
 EDUCACIÓN FÍSICA  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN

 EDUCACIÓN PLÁSTICA

VISUAL E AUDIOVISUAL

 ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN 
 FÍSICA E QUÍMICA  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN

 FRANCÉS, VALORES ÉTICOS

3º e 4º ESO, IAE

 ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN
 XEOGRAFÍA E HISTORIA  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN
 LINGUA CASTELÁ  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN
 LINGUA GALEGA  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN
 LINGUA INGLESA  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN
 MATEMÁTICAS  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN
 MÚSICA  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN
 RELIXIÓN  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN
 TECNOLOXÍA  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN
 VALORES ÉTICOS 1º e 2º  ADAPTACIÓN Á PROGRAMACIÓN

 

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR

Tras unha revisión de prazas no Comedor Escolar, solicitouse un incremento de alumnado e colaboradores; a Consellería concedeumnos un incremento de prazas máximo 233, incrementándose en 5 para o alumnado e non concederon ningunha praza de colabordores, temos 7 e por lei nos corresponden 9:

  • 12 para o persoal cociña e colaboradores.
  • 221 para o alumnado.

No Consello Escolar do Pasado día 24 de setembro aprobouse o novo listado coa incorporación de 4 novos usuarios de comedor con Informes dos Servizos Sociais e as modifciacións pola documentación aportada dos usuarios en lista de espera, o listado definitivo será o seguinte: 

 

 

 

Na sesión ordinaria do C.E. do día 9 de setembro aprobouse o listado definitivo de usarios de comedor. 

 

LISTADO PROVISIONAL DE USUARIOS DE COMEDOR CURSO 2019-2020

 

O día 4 de setembro apróbase na sesión extraordinaria de Consello Escolar o seguinte listado provisional de usuarios de comedor. Contra esta resolución ábrese un prazo de 5 días para reclamacións.

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019-2020

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

Para o vindeiro curso 2019-20 hai tres tipos de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar polo alumnado de centros públicos, segundo a Orde de 3 de maio de 2019 (DOG 20/05/19):

1º) AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO:

            Para o alumnado de 1º e 2º de educación primaria e para o de educación especial

            A este alumnadoproporcionaráselle un vale para mercar os libros, se cumpren os requisitos esixidos:

PRIMARIA:Até 5.400 € de renda per cápita, un vale de 170 €

De 5.400 € até 9.000 € de renda per cápita, un vale de 90 €

 

E.E.:Con discapacidade igual ou superior ao 65%, un vale de 250 €.

 

2º) FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:

            Para o alumnado de3º, 4º, 5º e e 6º de educación primaria e1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria, que non participe no programa E-DIXGAL.

            Proporcionaránselle ao alumnado os libros de texto necesarios que existan no fondo solidario até que se esgoten, en orde inversa á renda per cápita do alumnado.

           

3º/ AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Para todo o alumnado de Primaria, E.S.O. e E.E. que non supere os 5.400 € de renda per cápita familiar, un vale por importe de 50 € (Pódense incluír os caderniños).

 

SOLICITUDES:

            Poderanse realizar a través da aplicación Fondo Libros, https://edu.xunta.es/fondolibros ou da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

            As solicitudes en papel, entregaranseno centro docente (oficina administrativa) ou nos rexistros oficiais, xunto coa documentación correspondente, entre o 21 de maio e o 21 de xuño, ambos incluídos.

Os impresos de solicitude poderán obterse no centro escolar, na aplicación Fondo Libros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e tamén se poderán descargar na páxina http://www.edu.xunta.gal, na sede da Xunta http://www.xunta.galou na páxina web do centro.

Cubrirase unha soa aolicitude por alumno/a e, se hai varios membros da unidade familiar no mesmo centro, tamén se cubrirá un só impreso para todos.

 

            ENTREGA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO:

A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro o día 12 de xullo de 2019. Poderase formular reclamación contra a mesma durante os 2 días seguintes.

A relación definitiva publicarase polos medios anteriormente mencionados o 18 de xullo para educación primaria e o 13 de setembro para educación secundaria.

Os libros entregaranse ao alumnado beneficiario do fondo solidario o día de inicio das clases.

 

DEVOLUCIÓN DE LIBROS:

            Os libros do curso actual 2019-20, adquiridos con axudas públicas, devolveranse no centro antes do día 21 de xuño, agás en educación secundaria aquel alumnado que os necesite para preparar a convocatoria extraordinaria de setembro, que poderá ter os libros que necesite ata o 6 de setembro. O alumnado de 1º e 2º de primaria, non ten que devolvelos por non ser reutilizables. A non devolución dos mesmos supón a exclusión das axudas para o vindeiro curso.

Tamén se agradece a todo aquel alumnado de primaria e/ou de secundaria que os adquiriu con fondos propios, a súa entrega no centro para incrementar o Fondo Solidario.

Todo o alumnado que pida  calquera clase de libros, ten que solicitalos neste prazo.

Ares, 21 de maio de 2019

 

Para máis información:

LISTAXES DEFINITIVAS- PROCESO ADMISIÓN CURSO 2019-2020

 

Publícanse as listaxes definitivas do alumnado admitido neste centro para o curso 2019-2020:

A formalización da matrícula será nos seguintes períodos:

  • Alumnado de infantil e primaria do 20 ao 30 de xuño
  • Alumnado de secundaria do 25 ao 10 de xullo

 

HOXE, 13 DE MAIO, ÁS 16:30H TERÁ LUGAR A  REUNIÓN DAS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO  QUE CURSARÁ 4º DE INFANTIL.

O día 17 de xuño terán lugar as reunións das familias do alumnado da ESO: (modificado por existir o día 10 de xuño a avaliación de primaria)

  • Ás 16:30h. familias do alumnado que cursará 3º ESO
  • Ás 17:00h. familias do alumnado que cursará 4º ESO
  • Ás 17:30h. familias do alumnado que cursará 1º ESO 

 

Distribuir contido