O alumnado de 4º ESO do CPI Plur. Arquitecto Palacios e outras persoas limpan o monte de Chandebrito
Co gallo de recordar os incendios forestais que tanto dano fixeron ás persoas e aos montes de Camos e Chandebrito, o noso centro (4ºESO) e outras persoas, participaron nunha andaina polo parque forestal de Chandebrito o venres 11 de outubro. Aproveitando a ocasión para recoller lixo e deixar o entorno o máis limpo e fermoso do que o atoparon.
Hoxe domingo 13 faise a conmemoración do VII aniversario dos incendios que devastaron as parroquias de Camos e Chandebrito (Faro de Vigo, Telemariñas e Val Miñor tv).
Grazas a tod@s, así se cuida o que é noso en préstamo e que temos que legar aos que veñen trás nosa.
Os libros das áreas optativas de 4º da ESO non se deben comprar ata que o indique o profesor e de igual xeito os libros de inglés (Student’s Book de 3º e 4º de ESO) non deben mercarse xa que son dixitais, agardar ao comezo de curso.