Centos de alumnos de Nigrán participan na XIII Carreira Solidaria |
Centos de alumnos de cinco centros educativos participaron onte na XIII Carreira Solidaria organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón con motivo da Semana da Paz e co fin de recadar fondos para colaborar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, como fan habitualmente. Na proba, celebrada no recinto exterior do centro educativo e á que asistiu o alcalde acompañado das concelleiras de Deportes, Igualdade, Servizos Sociais e Xuventude, participaron ademais de alumnos do CPI, do Centro de Educación Especial de Panxón, CEE Juan María de Parada, Escola Infantil As Dunas e CEIP A Cruz de Camos. Todos, desde Infantil a 4º da ESO, correron tempos entre 3 e 10 minutos tras achegar os seus patrocinadores adultos un donativo para a causa por cada volta completada. Nova COMPLETA: ENLACE |