- Establecer as directrices e elaborar propostas para a elaboración do proxecto educativo do instituto, aprobalo, avalialo e, se é o caso, introducir modificacións, sen prexuízo das competencias que o claustro de profesores ten atribuídas en relación coa planificación e organización docente.
- Elixir o director ou directora do centro.
- Propoñer a revogación do nomeamento do director ou directora, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous tercios.
- Decidir sobre a admisión do alumnado, con suxeición ó establecido na lexislación vixente.
- Aprobar e modificar o regulamento de réxime interior do instituto.
- Resolver os conflitos e impoñer as correccións con finalidade pedagóxica que correspondan a aquelas condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia no centro, de acordo coas normas que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- Aprobar o proxecto de orzamento do instituto e a execución do mesmo.
- Aprobar e avaliar a programación xeral anual do instituto, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que lle competen ó claustro.
- Aprobar a programación das actividades escolares complementarias e avaliar o seu desenvolvemento.
- Establecer as directrices para a participación do instituto en actividades culturais, deportivas e recreativas naquelas accións asistenciais nas que o instituto puidese aportar a súa axuda.
- Establecer os criterios de colaboración con outros centros, entidades ou organismos.
- Promover a renovación das instalacións e equipamento do instituto, a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice a Administración educativa.
- Colaborar coa inspección educativa nos planos de avaliación de centro, nos termos que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza.
- Regular o procedemento de autorización das saídas voluntarias entre clases ou en período de lecer do alumnado do centro.
Competencias do Consello Escolar
santi