O noso alumnado acadou premios no concurso Primavera Videoliteraria do Val Miñor, organizado polo instituto de Estudos Miñoráns. Parabéns a tod@s!!! A sección de Lingua e Literatura e PUGA (Promoción do Uso do Galego) do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM ), en colaboración cos Concellos de Gondomar, Baiona e Nigrán, convocan a Primavera Literaria do Val de Miñor de Videopoemas e Videomicrorrelatos para contribuir a potenciar a creatividade en lingua galega da mocidade do Val de Miñor e de toda Galicia. |
|
Brenda González Lesme, alumna de 5º de Educación Primaria gañou o 2º premio na súa categoría |
Para ver en Instagram |
Nerea Carvalho Figueiró, alumna tamén de 5º de Educación Primaria, obtivo un accésit |
Para ver en Instagram |
Lois Cruces Pérez de 2º da ESO que acadou un accésit na súa categoría | Para ver en Instagram |