Primeiro mercado de Nadal no CPI Arquitecto Palacios de Panxón
Primeiro mercado de Nadal no CPI Arquitecto Palacios de Panxón
a nova completa aquí.
O Concello de Nigrán colabora cos comerciantes da Ramallosa para ofrecer este domingo 1 de decembro no pavillón do CPI Arquitecto Palacios de Panxón o seu primeiro mercado de Nadal. Este contará con 24 expositores de moda home-muller e neno, calzado, corsetería, perfumería, parafarmacia, deporte, artesanía, alimentación ecolóxica, floristería e restauración (haberá coctelería, zona de repostería creativa e bar con pinchos variados). Durante todo o día haberá actuación de grupos de baile infantil e de adultos e se realizarán sorteos de regalos entre os asistentes.