Recopilatorio de verbas da Ciencia
Dúctil : Dícese do material que se pode deformar para formar fíos.
Fráxil: Dícese do material que se rompe ao aplicarlle unha deformación.Polo tanto contrario de dúctil. Que rompe ao intentar alongalo
Maleable:Dícese do material que se pode deformar formando láminas finas
Tenaz: é a enerxía total que absorbe un material antes de alcadar a rotura en condicións de impacto. En mineraloxía a tenacidade é a resistencia que opón un mineral ou outro material a ser roto, moído, dobrado, esgazado o suprimido.
Dureza (Escala de Mohs): A escala de Mohs é utilizada para medir a dureza das substancias sólidas, foi proposta por Friedrich Mohs e baséase na resistencia dun mineral a ser raiado por outro. En mineraloxía a "dureza" non mide a resistencia do mineral a romper, senón a ser raiado.
A táboa é a seguinte:
Dureza de Mohs | Mineral | Fórmula química | Dureza absoluta | Imaxe |
---|---|---|---|---|
1 | Talco | Mg3Si4O10(OH)2 | 1 | |
2 | Xeso | CaSO4·2H2O | 3 | |
3 | Calcita | CaCO3 | 9 | |
4 | Fluorita | CaF2 | 21 | |
5 | Apatito | Ca5(PO4)3(OH–,Cl–,F–) | 48 | |
6 | Ortosa (feldespato) | KAlSi3O8 | 72 | |
7 | Cuarzo | SiO2 | 100 | |
8 | Topacio | Al2SiO4(OH–,F–)2 | 200 | |
9 | Corindón | Al2O3 | 400 | |
10 | Diamante | C | 1600 |