Skip to Content

Abril 2014

1.b. Modalidade de apoio

Descrición da actuación

Está dirixida a optimizar os obxectivos educativos e o funcionamento do centro no seu conxunto, isto é, a mellorar os resultados educativos cuantitativos e cualitativos da aprendizaxe e mais a favorececer a integración escolar do alumnado.

Destinatarios

Alumnado de educación secundaria obrigatoria.

Obxectivo

Mellorar os resultados do centro a través dun conxunto de accións que contribúan ao incremento na cantidade e calidade das aprendizaxes, na relación do alumnado co centro, na participación das familias e nas posibilidades educativas do contorno do centro. Para alcanzar este obxectivo preténdese un cambio global no modo de organización e funcionamento do centro, xunto co apoio específico ao alumnado máis desfavorecido.

Para facilitar o desenvolvemento desta actuación no centro indícanse unha serie de liñas de acción destinadas a cada un dos tres ámbitos afectados:

1.b.1. Atención directa ao alumnado:

a) Biblioteca escolar
b) Convivencia escolar

1.b.2. Intervención coas familias:

a) Colaboración entre as familias e o centro educativo

1.b.3. Intervención no contorno:

a) Obradoiros de actividades extraescolares

E tamén tes este video presentación

 

Blog da Biblioteca

onde tedes toda a información

 

 

Aula de Informática

Aula Multimedia

de Idiomas

Aula Audiovisuais

Aula de

Música

Aula-Taller de

Tecnoloxía

Laboratorio de Ciencias

 

Salón de Actos

Polideportivo Cuberto

Dúas pistas polideportivas exteriores

A Horta escolar

5 Aulas Abalar

Recuncho lector para Páis/Nais

 

 A nosa Poza

A Cociña

Comedor

 


 

 

 

by Dr. Radut