Complementarias
DEPORTE ESCOLAR-VOLEIBOL
OS PARTICIPANTES DO
CPI ANTONIO FAÍLDE CLASIFICÁRONSE EN 4º LUGAR
NA MODALIDADE DE VOLEIBOL.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.
NORABOA
ENCONTRO CO AUTOR HÉCTOR CAJARAVILLE
O mércores 3 de maio o Departamento de Lingua Galega e Literatura
do CPI Antonio Faílde organizou un encontro co escritor Héctor Cajaraville,
un dos autores máis célebres do panorama literario galego actual.
O alumnado de 4º ESO e do Club de Lectura tivo a ocasión de intercambiar
co escritor percepcións sobre a obra A caixiña dos rancores, merecente do premio Raíña Lupa.
Así mesmo, dende o Departamento de Educación Plástica traballaron co título e coa portada
para agasallar o escritor cunhas caixas manipuladas nas que reflectiron as sensacións
que lles produciu a lectura da novela a modo de poemas-obxecto.
BATUQUEIROS 1º ESO
BATUQUEIROS DE 1º DA ESO PARTICIPARON
NUNHA XUNTANZA CON OUTROS CENTROS
DA PROVINCIA E OFRECERON O SEU REPERTORIO
NA PRAZA MAIOR DE OURENSE.
DEPORTE ESCOLAR 2023-ORIENTACIÓN
o xoves 2 de marzo celebrouse unha nova xornada de DEPORTE ESCOLAR, na modalidade de ORIENTACIÓN.
O NOSO ALUMNADO ACADOU GRANDES RESULTADOS.
NORABOA