Protocolo absentismo 22-23


PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN E CONTROL DO

ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA


Absentismo


Tal como establece o artigo 22 do citado decreto 229/2011, do 7 de decembro,
absentismo é a ausencia ao centro escolar sen causa debidamente xustificada do
alumnado en idade de escolarización obrigatoria. Para ser considerado absentismo,
esta ausencia debe supor un mínimo do dez por cento (10%) do horario lectivo
mensual.


Protocolo de intervención en caso de absentismo


Por protocolo de intervención en caso de absentismo, ou protocolo de absentismo,
enténdese o instrumento educativo que describe, especifica e contén o conxunto de

actuacións coordinadas que se activan cando se produce un caso de absentismo
escolar, coa finalidade de garantir a asistencia do alumnado aos centros educativos.


Falta de asistencia a clase do alumnado


Considérase falta de asistencia a clase ou ausencia ao centro escolar a non
presenza dun alumno ou dunha alumna nunha sesión completa de clase. As faltas

de asistencia non debidamente xustificadas serán as que computen para a
cualificación do posible absentismo.


Falta xustificable


1. Con carácter xeral, teñen a consideración de xustificables as seguintes faltas de
asistencia a clase do alumnado:

a)Citacións que impliquenun deber inescusable, sendo xustificable o tempo
necesario.

b)Morte ou enfermidade grave dun familiarde primeiro ou segundo grao.

c)Tramitacióndedocumentosoficiais,presentaciónaexames eprobas
oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.

d)Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de2 días lectivos.

e)Enfermidade, sendo xustificable o tempo deprescrición médica.

2. No caso de faltas de asistencia a clase do alumnado non contempladas no
apartadoanterior,quedaráacriteriodadireccióndocentroeducativoa
consideracióndasexcepcionaiscircunstanciasqueconcorranparaasúa
xustificación ou non. En todo caso, deberá garantirse o dereito á escolarización da
alumna ou do alumno.