Boas tardes familias!!
Hoxe traémosvos unha das derradeiras actividades para facer cos peques na casa antes de que rematemos este "atípico" curso.
A tarefa consiste en facer mans e pés, veredes, resulta que o profe Pencho e a profe Aida teñen un reto preparado para que fagan os nenos/as; pero para iso, precisamos ter os materiais que nos fan falla preparados.
Por isto, deberedes facer mans dereitas e esquerdas, pés dereitos e esquerdos, o podedes facer do xeito que queirades: imprimindo plantillas de internet nun folio, en cartolina, goma eva... É aconsellable que escollades dúas cores para que ao inicio lles resulte máis fácil a actividade, por exemplo mans verdes e pes vermellos...
A cantidade a facer depende da idade dos nenos/as, canta máis cantidade, máis opcións de xogo ![Guiño Guiño](https://www.edu.xunta.gal/centros/cpialfonsovii/sites/all/libraries/tinymce/jscripts/tiny_mce/plugins/emotions/img/smiley-wink.gif)
Veña, mans á obra, que nuns días chega o reto!!
![](/centros/cpialfonsovii/system/files/u37/84134772-impresiones-de-pies-de-beb%C3%A9-e-impresiones-de-manos-siluetas-negras-ilustraci%C3%B3n-del-vector-.jpg)