Skip to Content

Abalar Móbil e Edixgal

Aula Virtual

Contratos programa e ARCO

COVID-19

 

DOCUMENTACIÓN

COVID19

 

 

 

Información relativa ao coronavirus para centros educativos

Información relativa ao coronavirus para centros educativos

Dende a Dirección Xeral de Saúde Publica da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativos

A continuación transcríbese a información enviada por dita Dirección Xeral:

Información coronavirus

CORONAVIRUS PARA EDUCACIÓN

En relación coa epidemia de coronavirus no norte de Italia (neste momento nas rexións do Piamonte, Lombardía, Veneto e Emilia-Romagna) e, despois de ter coñecemento de viaxes do alumnado de determinados colexios e institutos, tanto públicos coma privados; ou de intercambios de alumnado con este país, pregámosche difundas esta información a todos os centros públicos é privados de Galicia, para que lla acheguen ao alumnado e profesorado que participou ou vai participar neste tipo de viaxe ou intercambio.

As viaxes e intercambios coas rexións afectadas deberían evitarse agás que sexa estritamente necesario facelo.

Toda persoa que viaxe a Italia, ou acabe de chegar de alí, deberá seguir as recomendacións que vos xuntamos de Sanidade Exterior e do Centro de Coordinación de alertas e Emerxencias do Ministerio de Sanidade para que difundades tamén, aínda que no momento actual só se refire aos que veñen de China ou viaxan alí, son igualmente válidas para Italia.

Ademais, xuntamos as ligazóns para información sobre o coronavirus, tanto da páxina de Saúde Pública coma do Ministerio de Sanidade

 

En atención ao anterior o Ministerio de Sanidade recomenda non viaxar a zonas afectadas, que poden variar co transcurso do tempo, polo que convén informarse dos territorios na páxina web do Ministerio.

En relación coas persoas, alumnado e profesorado que retornen de zonas afectadas, a súa actividade será a normal, pero deben mostrar atención a aparición de calquera sintomatoloxía e nese caso poñerse en contacto co 061 ou co 112.

Prégase que os centros que teñan previsto viaxar a zonas de risco ou que teñan recibido alumnado e profesorado das zonas de alerta epidemiolóxica sigan atentamente as instrucións das autoridades sanitarias. A información está dispoñible nas páxinas do Sergas e do Ministerio de Sanidade e actualizase con frecuencia.

Para consultas puntuais ou intervención sanitaria 061 ten establecido un número de telefono de atención.

No seguinte enlace aparece a información actualizada facilitada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia referida aos seguros de cancelación de viaxes polo coronavirus:

https://consumo.xunta.gal/

RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE EN RELACIÓN Á SITUACIÓN ACTUAL DO NOVO CORONAVIRUS EN GALICIA (05/03/2020)

Achégase o novo documento emitido pola Consellería de Sanidade en relación coa información sobre o Covid-19.

 

Convocadas as axudasle

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

 

 

 

Menús de marzo

 

 

 

 

--

Proceso de admisión para o curso 2020-2021

Admisión alumnado curso 20-21

 

Entre os días 1 e 23 de marzo estará aberto o prazo de recollida de solicitudes de admisión para o curso 20-21.

A oferta educativa do noso centro para o seguinte curso escolar é a seguinte:

 

 

 Tedes máis información na seguinte ligazón:

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30375

 

A solicitude pode facerse na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Se queredes tamén podedes descargala picando aquí

Xornada de portas abertas

 

O próximo mércores 4 de marzo teremos a xornada de portas abertas no cole. 

Estades invitad@s a visitarnos!

Menú de entroido!

Xa temos blogue de Dinamización!!

Comezamos o blogue do Equipo de dinamización da Lingua Galega!

https://dinamizacioncaldas.blogspot.com/

 

Menús de febreiro

 

II MILLA SOLIDARIA

 

E xa temos aquí un dos nosos eventos estrela: A Milla solidaria!

Será o 30 de xaneiro e as familias e exalumnado estades invitad@s á carreira!! Se queredes participar chamade ao centro para inscribirvos.


Lembrade que faremos recollida de produtos non perecedeiros, así que agradecemos as vosas aportacións.


Colaboran con nós o Concello de Caldas de ReisSupermercados Froiz de Caldas, Froitas Emifer e Cáritas Parroquial.

 

 

Menús xaneiro

 

Pica na imaxe para velo máis grande

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut