Skip to Content

Abalar Móbil e Edixgal

Aula Virtual

Contratos programa e ARCO

COVID-19

 

DOCUMENTACIÓN

COVID19

 

 

 

REUNIÓN VIRTUAL COAS FAMILIAS

 

 

  

Dende o centro queremos facilitarlle a todas aquelas familias que por diferentes motivos non puideron asistir ás reunións presenciais, a posibilidade de facelo de forma virtual a través da aplicación  WEBEX.

O día da reunión será o martes 7 de setembro ás 20:00.

A conexión estará dispoñible a partir das 19:45.

Aquí vos deixamos o enlace e as instrucións para poder uinirse á reunión.

 

1º Picar na seguinte ligazón:

 https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=madf38fbe5f08a278c735a28439f57c71

2º Seleccionar "Unirse desde el navegador" 

Se non temos instalado Webex NON fai falta instalalo, podemos Cancelar se ofrece abrir Cisco Webex e despois picamos en Únase desde el navegador. 

 

 

 Cubrir o nome e poñer un correo electrónico, se non se quere poñer o correo particular pode poñerse o seguinte: nonresponder@edu.xunta.gal

Picamos en Seguinte

 

 

 Damos permiso ao micrófono e á cámara e eliximos Unirse a la reunión

 

Xa estamos dentro!

 
 

LISTAXE DEFINITIVA COMEDOR ESCOLAR

 

A partir de mañá 3 de setembro de 2021 estará exposta no taboleiro do centro a listaxe definitiva do comedor escolar para o curso 2021-2022.

 

 

IMPORTANTE:

NO CASO DE ESTAR ADMITIDOS DEBERÁN ENTREGAR ANTES DO COMEZO DO CURSO:

A AUTODECLARACIÓN  E NO SEU CASO A DOMICILIACIÓN BANCARIA (ver anexos):

AUTODECLARACIÓN COMEDOR

DOMICILIACIÓN BANCARIA 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS PRINCIPIO DE CURSO

 

 

Estimadas familias, invitámosvos a asistir a unha reunión informativa previa ao inicio das clases para seguir coas medidas Covid-19 e coñecer ao profesorado do noso alumnado 

Aquí vos deixamos os horarios segundo os cursos:

 

 

 

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2021-22

 

 

Estimadas familias:

Dende o CPI Plurilingüe Alfonso VII xa estamos preparando este inicio de curso adaptándononos as medidas requeridas.

 

Ao longo do mes de setembro darémosvos toda a información necesaria para comezar as clases.O inicio das mesmas será o seguinte:

-día 09 de setembro para Infantil e Primaria

-día 15 de setembro para a ESO

 

 

Recibide un cordial saúdo.

Equipo Directivo

EXAMES DE SETEMBRO 2021

EXAMES DE SETEMBRO 2021

 

•Os exames terán lugar o mércores 1 e o xoves 2 de setembro.

•É obrigatorio o uso de máscara de protección durante toda a estancia no centro. 

•As horas e aulas nas que se desenvolverán as probas de cada materia pódense consultar no documento adxunto.

•As probas de materias pendentes de cursos anteriores figuran subliñadas en cor amarela.

ENTREGA DE BOLETÍNS  E OUTRA DOCUMENTACIÓN: venres 3 de setembro ás 13:00 h

 

O alumnado acudirá ao centro ás súas respectivas aulas para: 

Recibir boletín de notas 

Recibir consello orientador

Recibir impreso de matrícula para o curso 2021-2022

Entregar os libros de texto do fondo solidario (no caso de que se lle prestaran)

REVISIÓN DE PROBAS ESCRITAS: luns 6 e martes 7 de setembro de 10 a 13:00 H

PERÍODO DE RECLAMACIÓNS: luns 6 e martes 7 de setembro

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE COMEDOR

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE COMEDOR 21-22

No taboleiro de anuncios do edificio administrativo do centro están expostas as listaxes provisionais de admitidos e reserva para o comedor escolar do curso 2021-2022.

O prazo para reclamacións remata o xoves 29 de xullo de 2021.

Todos os solicitantes deben cerciorarse na listaxe xeral de que os días pedidos e a documentación está toda correcta.

IMPORTANTE:

TODOS AQUELES QUE ESTÉN PENDENTE DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN SE NON O FAN NO PRAZO INDICADO           (29-07-21) PERDEN O SEU POSTO E INCLUSO PODEN PERDER O SEU DEREITO Á PRAZA.

NO CASO DE ESTAR ADMITIDOS DEBERÁN ENTREGAR A PRINCIPIOS DE SETEMBRO:

A AUTODECLARACIÓN  E NO SEU CASO A DOMICILIACIÓN BANCARIA (ver anexos):

AUTODECLARACIÓN COMEDOR

DOMICILIACIÓN BANCARIA

 

 

Libros de texto para o curso 2021-2022

 

Libros de texto para o curso 2021-2022.

 

Neste curso teremos Edixgal de 5º de primaria a 4º da ESO. Os cadernos de actividades e traballo considéranse material funxible polo que entran dentro do Cheque de material. Hai materias que usarán libros que había no fondo, fixádevos nos avisos para non comprar sen antes falar con cada profesor/a.

Podedes consultar a listaxe no taboleiro da entrada de secretaría ou picando na seguinte imaxe:

 

Revista Falaquente 23

 

 

 

Publicación online da revista Falaquente 23

 

 

REVISTA Nº 23 DO CURSO 23-24 EN PDF 

 

 

 

 

Menú fin de curso

Calendario Fin de Curso

 

Picar na imaxe para ver en grande

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut