Skip to Content

Abalar Móbil e Edixgal

Aula Virtual

Contratos programa e ARCO

COVID-19

 

DOCUMENTACIÓN

COVID19

 

 

 

Actividades infantil: Día das Letras Galegas

Ola familias!

Como sabedes onte, 17 de maio, celebrouse o Día das Letras Galegas. Dende educación infantil gustaríanos propoñervos unha actividade relacionada co noso idioma.

Queremos crear un libro de palabras en galego, pode ser a palabra que consideredes mais bonita, mais extraña... A que vos elixades!

Os nenos/as terán que escribila na parte superior da páxina e despois ilustrala debaixo coa técnica plástica que mais vos guste: podedes empregar témperas, rotus, papel de periódico, algodón...

Se clicades na imaxen de abaixo poderedes ver un exemplo da actividade. Tamén hai unha plantilla por se a queredes imprimir, ainda que non é necesario e a podedes facer vos manualmente.

Lembrade: a palabra escollida ten que ser en GALEGO!!

Cando teñades a actividade rematada a poderedes enviar a : infantilalfonsovii@gmail.com para que poidamos ir creando o libro.

E, aquí, un vídeo de palabras en galego por si queredes coller algunha idea Guiño

AdxuntoTamaño
Dicionario palabras bonitas pdf.pdf347.42 KB


blog | by Dr. Radut