Skip to Content

Abalar Móbil e Edixgal

Aula Virtual

Contratos programa e ARCO

COVID-19

 

DOCUMENTACIÓN

COVID19

 

 

 

Actividades infantil: Día da familia

Ola a todos/as!!

Este venres día 15 celébrase o Día da familia. No cole, levaríamos uns días liados preparando algún detalle para que os peques puidesen levar e desfrutar na casa con todos vos.

Como este ano, a situación é complexa, vamos a propoñervos unha actividade para que poidades levar a cabo. Deixamos, a continuación, unhas plantillas para facer unha postal/carta, para que os peques poidan enviar a algún familiar ao que non teñen preto ou ao que botaron moito de menos durante todo este tempo.

Dependendo da idade, poderán facer un debuxo, escribir unha frase ou xa realizar, incluso, unha carta.

Vamos a deixar á vosa disposición un mail para que nos enviedes todos aqueles traballos que van realizando os pequenos/as! No asunto deberedes poñer o nome do neno/a e o nome da profe ao que vai dirixido:

infantilalfonsovii@gmail.com

Ao clicar na imaxe, accederedes ás plantillas.

Ademais, vamos a deixarvos o vídeo dun conto moi bonito que fala sobre os diferentes tipos de familias.

Esperamos que o desfrutedes!!

 

AdxuntoTamaño
Día da familia.pdf560.71 KB


blog | by Dr. Radut