Skip to Content

Actividades ENL

INTERCAMBIO CO IES OTERO PEDRAYO DE A CORUÑA

O mércores 20 de marzo un grupo de alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO desprazouse á Coruña para participar nunha xornada de convivencia e intercambio lingüístico-cultural co alumnado do IES Otero Pedrayo. Esta actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega dos dous centros e terá continuidade a final deste último trimestre escolar cando o noso CPI se convirta no anfitrión.

GAÑADOR@S CONCURSO SMS DE AMOR

A entrega de premios será o martes 26 de febreiro na biblioteca no 2º recreo.

Para ver os nomes d@s gañador@s premede aquí.

Para leer as sms gañadoras premede aquí.

CONCURSO SMS DE AMOR

 

O Equipo de Normalización Lingüística do centro vén de convocar como todos os cursos por estas datas o Concurso de SMS de amor para conmemorar o día de San Valentín.

 

Máis información premendo na imaxe

 

OBRADOIRO DE POESÍA CON DORES TEMBRÁS

Dores Tembrás acudíu ao noso centro o xoves 20 de decembro para levar a cabo un Obradoiro de Poesía cos alumnos de 3º e 4º ESO


Os máis pequenos do colexio tamén puideron disfrutar da súa compaña xa que realizou unha presentación do seu libro O peizoque Roque.

 

Licenciada en Filoloxía Hispánica, Doutorouse en 2008 Coa tese Arquitectura de un desencuentro, sobre a poeta Alejandra Pizarnik, logo de diferentes estadías investigadoras en Suecia, Madrid e Bos Aires. En 2009 publica o seu primeiro poemario, O pouso do fume e en 2012 o libro infanto-xuvenil O peizoque Roque.


Para ver as fotos, premede aquí.

CONFERENCIA-CONCERTO COA MUSICÓLOGA PAULINA CEREMUZYNSKA

O CPI Alcalde Xosé Pichel contou ca súa presenza o mércores 19 de decembro. Os alumnos/as de 3º e 4º ESO poideron disfrutar dunha charla e concerto con esta gran intérprete.

Estudiou Musicoloxía na Universidade de Varsovia, Canto e Interpretación de Música Medieval na Universidade da Sorbonne en París.


Polaca, residente en Galicia desde hai sete anos, en 2004 realizou, como bolseira do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, un proxecto de trascrición e interpretación das cantigas de Pergamiño Sharrer. Froito dese traballo resultou o disco Cantigas de Amor e de Amigo, a terceira gravación mundial das cantigas profanas do rei Don Denís.
En 2006, gravou o seu segundo disco, E moiro-me de amor, resultado da súa investigación sobre a reconstrución do estilo musical de las cantigas de amigo naqueles casos en que a melodía está perdida, a partir da técnica do contrafactum.

Pódense ver as fotos do encontro premendo aquí.

ENCONTRO COA ESCRITORA MARÍA SOLAR

Maria Solar visitou aos nosos alumnos de 3º e 4º ESO o martes 18 de decembro,  para falarnos da súa obra Meigas de Lupa.

Licenciada en Xornalismo e en Bioloxía e diplomada en Maxisterio, centrou o seu traballo no mundo da comunicación, principalmente na radio e na televisión galega, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. É ademais actriz de dobraxe.
Actualmente presenta o espazo cultural diario Zig Zag na TVG. 

Como escritora ten publicados os seguintes títulos: Boa sorte, O tempo do revés, O fillo do Pintamonas, Vou ter un irmán!!!, As meigas de Lupa e, máis recentemente, A verdadeira historia da mosca da tele.

Pódense ver as fotos de dito encontro premendo aquí.

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2012.

Podedes ver a relación de gañador@s premendo aquí.

12/12/12 ás 12:00 horas

 

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, os alumnos e alumnas do 3º ciclo de Educación Primaria e os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, van participar nun recitado público do poema Deitado fronte ao mar, publicado no seu libro Longa noite de pedra.


Dito recitado celebrarase o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas.


Esta actividade ven proposta dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) e será realizada nos diferentes centros educativos de toda Galicia.

CONCURSO POSTAIS NADAL 2012.

Dende o equipo de dinamización lingüística informámosvos do Concurso de Postais (subvencionado polo Concello) que se vai celebrar en colaboración cos diferentes equipos de normalización dos centros educativos do Concello.

Podedes premer aquí para consultar as bases da convocatoria.

SAMAIN E MAGOSTO NO PICHEL

O pasado 9 de novembro celebrámolo magosto no centro. Fixemos a tradicional degustación de castañas e organizáronse diversos xogos tradicionais. Aproveitamos tamén para facer entrega dos premios ós gañadores e gañadoras de Infantil e Primaria e de Secundaria do concurso de cabaza e dos relatos de terror. Podedes consultar a lista de gañadores no adxunto que se anexa. Norabóa a tod@s.

Distribuir contido


by Dr. Radut