Skip to Content

Actividades ENL

CONCURSO POSTAIS NADAL 2013

Dende o equipo de dinamización lingüística informámosvos do Concurso de Postais (subvencionado polo Concello) que se vai celebrar en colaboración cos diferentes equipos de normalización dos centros educativos do Concello.


Podedes premer aquí para consultar as bases da convocatoria.

IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Este próximo martes, día 12, o noso centro sumarase á celebración do IV Día da Ciencia en Galego, organizada desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.
O alumnado de 5º e 6º de primaria asistirá de 10:30 a 11:30 á videoconferencia impartida pola Doutora Marilar Aleixandre, titulada "Benqueridos insectos", mentres que o alumnado de 3º e 4º de ESO fará o propio coa videoconferencia titulada "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol" e impartida polo Doutor Jorge Mira de 12:30 a 13:30.


Unha mañá altamente científica e experimental como podedes ver aquí.

CONCURSOS SAMAÍN 2013

O Equipo de Normalización Lingüística vén de convocar o concurso de cabazas e o de relatos de terror. 

Premede aquí para ver as bases.

CERTAME ARTÍSTICO-LITERARIO DAS LETRAS GALEGAS EN "LA VOZ DE GALICIA"

"La Voz de Galicia" publicou o 7 de xuño unha nova sobre a entrega dos premios do Certame Artístico-Literario das Letras Galegas, que se entregaron onte en Usos Múltiples do Concello.

Pódese ver a nova premendo no seguinte enlace.

VÍDEO DA SAÍDA A VIGO

Aquí podemos ver o video resumo da saída que fixemos a Vigo o 14 de maio co alumnado de 3º e 4º ESO e o club de lectura de 2º ESO, para visitar a Fundación Penzol, ter un encontro cos escritores Francisco Castro e Ledicia Costas e  visitar o Museo do Mar.

PROFESORAS ACOMPAÑANTES: Mercedes Queixas, Pilar Espido e Carmen Varela.

GAÑADOR@S CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013

Pódense ver no seguinte arquivo

               Parabéns aos gañadores/as!!!

 

A entrega de premios será o próximo xoves 6 de xuño ás 12:30 horas en Usos Múltiples

GAÑADORES CONCURSO "BUSCAMOS UN LOGO PARA O EDNL"

Premede para ver os logos e @s gañador@s

 

Premede para ver a convocatoria

VÍDEO DA SAÍDA A RIANXO E PADRÓN

Aquí temos o vídeo que recolle algunhas das fotos do roteiro literario-cultural que fixo o alumnado de 3º e 4º ESO acompañado polas profesoras Mercedes Queixas, Pilar Espido e Carmen Varela, o pasado 9 de abril, visitando a Casa Museo Manuel Antonio, a Casa Castelao, a de Rafael Dieste e o Museo do Mar en Rianxo, e a Casa de Rosalía de Castro en Padrón.

 

CONCURSO ARTÍSTICO-LITERARIO LETRAS GALEGAS 2013

Para ler as bases do concurso premede aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut