Skip to Content

Actividades e saídas. Secundaria

EGO MAGISTRA SUM. SEMANA CULTURAL. MARZO 2018

As alumnas de 4º ESO de latín, caracterizadas como deusas romanas, foron hoxe unhas mestras procedentes do S. I, da Antiga Roma. Ensinaron aos alumn@s de 1º ESO como era a escola, as familias, a sociedade, a arquitectura, a lingua, os xogos eos espectáculos da Antiga Roma. Realizaron tamén dúas maquetas de domus romanas para explicar e recrear as vivendas. @s alumn@s de 1º ESO puideron disfrutar desta dramatización, xogar ás tabas e a outros xogos propostos polas deusas Alba, Uxía, Iria, Vanesa, Luján, Carla, Ana e María. Estaban moi guapas e fixérono xenial. Son unhas estupendas mestras.

Grazas a Susana Penas por facernos o vestuario.

 

II CONCURSO POSTRES INTERNACIONAIS. SEMANA CULTURAL. MARZO 2018

No II Concurso de postres internacionais, @s alumn@s explicaron en inglés e francés os ingredientes e a elaboración de deliciosas recetas internacionais.

A continuación, todos puideron degustar estes manxares.

A tod@s @s alumn@s participantes nesta actividade de convivencia...moitas grazas!!!

Parabéns a tod@s e especialmente aos gañador@s!!

Postres gañador@s votados por alumn@s e profesor@s:

"Tarta de Kit Kat. Tarta de Ferrero. Tarta de Huesitos. Vasitos de crema"

  


OBRADOIRO XORNALÍSTICO. SEMANA CULTURAL. MARZO 2018

O luns 19 de marzo, o alumnado de 3º ESO asistiu ao "Obradoiro xornalístico" impartido por Olalla Liñares.  Premendo na neste enlace podedes ver máis fotos.

NOVO EQUIPO DO CLUB CORISTRANCA NA RADIO CUAC FM

O martes 20 de febreiro o club de lectura do centro "Coristranca, a lectura con retranca" volveu emitir un novo programa en radio CUAC FM. Desde o blog do club de lectura xa está accesíbel o enlace para volver escoitalo.

Parabéns para o equipo de guionistas de 4º ESO!

 

SEMANA BRANCA. ANDORRA. FEBREIRO 2018

Alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO, acompañado polas profesoras de Educación Física, Elena Alcoba e Susana Penas, están disfrutando da Semana Branca en Andorra desde o día 3 de febreiro. Estarán de retorno o sábado día 10.

Podedes ver unha pequena mostra neste vídeo.

 

Tamén están as fotos na nosa GALERÍA

GAÑADORAS CONCURSO CHANDELEUR

CRÊPES Nº 4: CRÊPES AUX FRAISES ET À LA CRÈME (Ana Durán, 1º B)

CRÊPES Nº 8: PINTXOS DE CRÊPES AUX FRUITS (Ivanna Baldomir, 2º B)

PRIX RECETTE-CRÊPE: Nº 7 (Ainhoa Río, 1º A)

 

 

MERCI À TOUS!

LA CHANDELEUR

Un ano máis celebramos LA CHANDELEUR. Cumprimos coa tradición de faire sauter les crêpes e comemos estes doces franceses cociñados polos alumnos.

Merci beaucoup à tous!!!

 

Máis fotos na nosa GALERÍA

RECOÑECEMENTO AO NOSO CLUB DE LECTURA

O proxecto do Club de Lectura do noso centro, "Coristranca, a lectura con retranca", acaba de ser recoñecido como un dos mellores da Costa da Morte, xunto co IES Fin do Camiño de Fisterra, e con maior dotación económica, que redundará na mellora da dotación bibliográfica da biblioteca, así como no desenvolvemento dun completo programa de actividades que achegará o libro e a lectura en galego á comunidade educativa.

Como mostra do traballo colectivo que se vén desenvolvendo desde hai 8 anos, cómpre recoñecer a implicación activa dunha parte do profesorado, do alumnado, das familias e mesmo de exparticipantes que seguen a participar no club de lectura presencialmente ou a través das redes dixitais, nomeadamente do blog, que convidamos a visitar.

VIAXE CULTURAL A MADRID. NOVEMBRO 2017

Alumnado de 3º ESO, acompañado polas profesoras Concha Martínez e Susana Penas, realizaron unha viaxe cultural a Madrid desde o 8 ao 11 de novembro.

 

Máis fotos na nosa GALERÍA

 

X XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA

O sábado 17 de xuño unha delegación do club de lectura de secundaria "Coristranca, a lectura con retranca" participou en Compostela na celebración dunha intensa xornada de formación ao longo de todo o día, a X Xornada dos Clubs de Lectura.

Victoria e María, de 2º ESO, xunto con Carla, María e Uxía, de 3º ESO, participaron en diferentes actividades, acompañadas das profesoras Pilar Espido e Mercedes Queixas, que con certeza desenvolverán no vindeiro curso desde o club de lectura.

O noso club foi seleccionado pola asesoría de bibliotecas escolares, xunto a outros catro clubs galegos, para participar nun obradoiro de creación dun programa de libros audiovisual, dirixido por Óscar López.

Parabéns para o equipo de traballo previo -Carla, María e Uxía- e aplausos para a coordinadora, Carla, que defendeu as nosas propostas nun auditorio diante de máis de 1.200 persoas.

Unha síntese informativa e con imaxes podedes visualizala no noso blog e unha galería de imaxes moi completa está xa accesíbel no portal das bibliotecas escolares.

 

A ver se nos atopades!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut