Skip to Content

Actividades e saídas. Secundaria

CONVERSAS CON LEDICIA COSTAS

O próximo 1 de abril, coincidindo coa celebración da Semana Cultural do centro, estará connosco a escritora Ledicia Costas.

Unha primeira charla-coloquio  xirará arredor da  obra Recinto gris,  lida por todo o alumnado de 1º ESO.

Nunha segunda quenda o encontro será co alumnado do Club  de lectura de 2º, 3º e 4º ESO arredor dunha das últimas publicacións da escritora: Infamia.

 

Todo un pracer tela entre nós !!!

 

CARTEL EN PDF

 

 

CELEBRACIÓN DO NADAL EN SECUNDARIA

No seguinte vídeo podedes ver unha mostra da celebración do Nadal en ESO. Realizáronse diferentes actividades e concursos, como o festival de panxoliñas, decoración do centro, concurso de postais de Nadal, obradoiro de Scrapbooking, degustación de chocolate e larpeira ....

 

GAÑADOR@S CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL (Organizado polo Equipo de Normalización Lingüística)

1º CICLO

Anxo Andrade (1º ESO A)

Sergio Villar (2º ESO B)

Alexandra Couto (2º ESO B)                                                           Parabéns!!!!!

2º CICLO

Lucía Bermúdez (4º ESO A)

Valeria García (4º ESO A)

 

TAMÉN PODEDES VER AS FOTOS NA NOSA GALERÍA.

 

SAMAÍN E MAGOSTO EN SECUNDARIA 2019

O pasado 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín no noso centro.

Ademais da tradicional degustación de castañas e dos xogos populares, o Equipo de Normalización Lingüḯstica convocou diferentes concursos que podedes ver no seguinte enlace e diversas actividades (premede aquí)

O equipo da Biblioteca tamén organizou un Show Cooking.

PORTAS TERRORÍFICAS GAÑADORAS: 1º ESO A (Annabelle) e 3º ESO A (A clase de papel)

GAÑADORES CONCURSO DE CABAZAS: Alexandra Couto e Sergio Villar de 2º ESO B

Podedes ver unha mostra no seguinte video.

   

 

CARREIRA DE ORIENTACIÓN / MULLERES PIONEIRAS. (Semana Cultural 2019).

Durante a segunda avaliación os alumnos de 1º ESO elaboraron o material necesario para montar unha carreira de orientación ao redor de dez mulleres pioneiras no ámbito das artes e as ciencias. Cun percorrido marcado no mapa, o xogo consistiu en atopar dez balizas asociadas a dez perfiles femininos cuxa identidade había que pescudar: entre elas Ada Lovelace, Artemisa Gentileschi ou Clara Campoamor. A carreira foi todo un éxito, resultando gañadores o grupo formado por Claudia, Alexandra e Rodrigo de 1º ESO A e dous equipos de 2º ESO B: Luisma, Kevin, Cristina e Christian e Braian, Ana, Marcos e Ivan.

Parabén, mozos!!! Fixéstelo fenomenal!!!

TAMÉN PODEDES VER AS FOTOS NA NOSA GALERÍA.

O NOSO CLUB DE LECTURA NA RADIO CUAC FM

O martes 26 de febreiro unha representación do club de lectura de centro voltou ás ondas de Radio CUAC FM para emitir o primeiro programa deste curso.

Parabéns  ás locutoras Victoria Porteiro Bértoa, Rebeca Martínez Pena, Sara Álvarez Vilanova e Laura Gómez Velo por un magnífico programa que agora queda para a escoita dixital desde o noso blog  "Coristranca, a lectura con retranca".

A CHANDELEUR.

A semana pasada o alumnado de Francés celebrou a Chandeleur con todos os seus compañeiros e compañeiras de ESO. Degustaron as tradicionais crêpes au Nutella, aux fraises, à la crème et au sirop d'érable.

Miam, miam!!! Bon apppétit et Bonne Chandeleur à toutes et à tous!!!

 

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA.

O pasado xoves 20 de decembro o alumnado de 3º e 4º ESO desprazouse a Santiago de Compostela para visitar o Museo de Historia Natural e dúas exposicións centradas no pensamento e na obra de Castelao: "Castelao Maxistral", na Cidade da Cultura e "Alba de Gloria" no Panteón de Galegos Ilustres. 

 

Acompañaron o alumnado as profesoras Pilar Espido, Concha Martínez e Mercedes Queixas.

 

 

CARREIRA DE ORIENTACIÓN. DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA. CURSO 17/18


 
TAMÉN ESTÁN AS FOTOS NA NOSA GALERÍA

A TROPA DE TRAPO. SEMANA CULTURAL. MARZO 2018.

 Hoxe o alumnado puido disfrutar da función "Contamos todas" da compañía A Tropa de Trapo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut