Skip to Content

Blogues

Actividades 25N

O pasado 24 de Novembro, o alumnado de Secundaria do noso centro acudiu á praza de Servizos Múltiples do Concello, co fin de participar do día da Eliminación da Violencia contra a Muller. Tamén foron moitas as actividades  realizadas no propio centro co gallo da celebración da devandita efeméride: realización de pancartas, murais, caixiñas con sementes de sempreviva, decoración dunha cadeira ( "Nin unha máis baleira")... e todo isto contando coa estreita colaboración do alumnado de Xardinería e Viveirismo, quenes nos agasallaron  cuns fermosos lazos violetas elaborados con flor natural.

globo

mural

mans

Faladoiro de orientación vocacional. 3º e 4º ESO

Dende o Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia en educación levouse a cabo o faladoiro “ Que non te lien, ti elixes” facendo fincapé na importancia de favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres.

 faladoiro

Visita de Manuel Loureiro

Esta semana contamos con una visita muy especial, la de Manel Loureiro. Con él conversamos sobre la labor del escritor y cómo se construye una buena historia. Todo ello de la mano de un gran narrador que compartió con nosotros algunos de los secretos de su obra.

Club de lectura

Samaín Primaria 2023

Tamén celebramos o Samaín de Infantil e Primaria, foi toda unha festa chea de terror!

Samaín Secundaria 2023

Aquí tedes as fotos do Samaín de secundaria , pasámolo xenial!

Reunións familias: incidencias cos móbiles

Convocamos ás familias de 1º e 2º da ESO á reunión informativa que terá lugar o xoves 26 de outubro, ás 16:00 horas, no salón de actos do edificio de secundaria, relativa ás incidencias que se están a rexistrar no centro relacionadas cos usos inapropiados dos dispositivos móbiles nas instalacións do centro e as posibles accións para atallalas.

Querémosvos animar a asistir a esta reunión, dada a importancia dos temas a tratar.

Festivos do curso 2023/2024

Informamos á comunidade educativa que os días non lectivos que o claustro do centro solicita á Xefatura Territorial para este curso serán os seguintes:

Venres 13 de outubro.

Luns 20 de maio.

Estas datas están pendentes de confirmación definitiva por parte da administración.

Reunións de familias

Có fin de coordinar a acción educativa entre o centro e as familias, convocarase unha reunión colectiva país/profesorado que terá lugar:

1ºA e 1ºB de ESO: xoves, 5 de outubro ás 16:10

2º A e 2ºB de ESO: xoves, 5 de outubro ás 16:10

3º A e 3ºB de ESO: mércores, 4 de outubro ás 16:10

4º ESO:  mércores, 4 de outubro ás 16:10

PFB en Xardinaría e Viveirismo: xoves 5 de outubro ás 16:10

Prégase que ante calquera inconvinte se poñan en contacto co titor/-a.

Libros de Texto 23/24

Aquí tedes a listaxe de libros de texto para o curso 2023/24.

Houbo unha corrección na listaxe de 2º da ESO, aparecía o título "Les Blogueurs 1" para o libro de francés e agora aparece o correcto, "Les Blogueurs 2".

OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL

O noso alumnado de 4º da ESO, participou no obradoiro de orientación vocacional, como parte do

programa de orientación académica e profesional que cada curso ofrecemos dende o Departamento

de Orientación.

Neste caso, fíxose un gran traballo de desenvolvemento vocacional a través de Lego Serious Play ,

unha técnica para facilitar a reflexión, a comunicación e a resolución de problemas.

No seguinte vídeo, podedes ver os resultados.

Distribuir contido


by Dr. Radut