Skip to Content

1º Programa de Radio Tui dedicado aos novos talentos do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui

    .    

Hoxe pola mañán tivo lugar a emisión do primeiro programa de "Radio Tui" dedicado a promover e dar a coñecer os novos talentos musicáis que se están a formar na actualidade no noso centro. Nesta primeira ocasión tivemos a sorte de poder escoitar a:

  • Xabier Álvarez Vázquez que ten 11 anos e cursa 2º de Escola na especialidade de Violín. A obra que interpreta é "The young fiddler" do compositor Joan Alfaras.
  • María Vilariño Pérez que ten 12 anos e cursa 1º de Escola na especialidade de Clarinete. A obra que interpreta é "Moon River" do compositor Henry Mancini (Tema principal da bso da película "Almorzo con diamantes".
  • Alejandro Casaleiro Fontenla que ten 12 anos e cursa 2º de Escola na especialidade de Gaita. A obra que interpreta é "Muiñeira de Chantada" do compositor Avelino Cachafeiro.

NORABOA AOS TRES PARTICIPANTES!!!

Para descargar o arquivo do programa en formato .mp3 prema no arquivo do anexo inferior

AnexoTamaño
PROGRAMA Nº1 DO CONSERVATORIO-ESCOLA DE MÚSICA DE TUI.mp325.92 MB


blog | by Dr. Radut