Skip to Content

Espazos de Estudo

O Centro ten 3 cabinas de estudo. Os espazos destinados a ser usados para estudo son as cabinas nº 7  8 e 9.

 

O horario de uso das cabinas é de luns a venres dende as 16:00 horas ata as 22:00, (O horario de uso das cabinas será de luns a venres dende as 16:00 ata as 21:00 hs. podendo ampliarse ás 15.00 e as 22:00 a petición dun alumno e coa aprobación do Equipo Directivo) a non ser que a Dirección do centro determine outro horario.

O alumno que solicite o uso dunha cabina deberá recoller a chave da mesma na Oficina, e tamén devolvela despóis do seu uso. O persoal da oficina entregará un formulario de incidencias que o alumnado debe cubrir en caso de as haxa, e devolver o formulario coa chave .

Cada alumno será responsable do posible deterioro da cabina durante o horario solicitado; no caso de causar algún deterioro na cabina, o Director (a Dirección) do Centro, e, no seu caso, o Consello Escolar, tomarán as decisión necesarias que conduzan á reparación dos danos causados tanto nas cabinas como nos instrumentos.

O alumno usuario da cabina deberá comunicar calquera anomalía ou desperfecto que observe ao facerse cargo da cabina. De non facelo, poderáselle facer responsable dos mesmos.

As cabinas son de exclusiva utilización por parte dos alumnos do centro. Deste xeito, no permanecerán nelas por ninguna razón amigos, familiares ou persoas alleas ao centro.

No caso da utilización da cabina por varias persoas, se fará responsable dos posibles danos producidos a quen se encontre anotado para usar a cabina.

O persoal do Centro poderá solicitar ao usuario da cabina o documento de identificación para verificar se está matriculado oficialmente.

Aos alumnos que fagan uso inadecuado das cabinas de estudo se lles poderá anular o dereito ao seu uso, sen perxuizo de que se aplique a correspondente sanción establecida polo director (a Dirección) do Centro e o Consello Escolar.

O Centro poderá determinar un horario máximo por alumno e cabina para atender o maior número de solicitudes.

 

De ser o caso, a dirección do Centro, en caso de necesidade, e atendendo a criterios pedagóxicos, poderá dedicar o uso dalgunha cabina a actividade docente.

Poderán habilitarse tamén como cabinas outras aulas para a práctica de determinados instrumentos como aula de percusión (para evitar o traslado do instrumental co conseguinte perigo de deterioro), sempre que se poida e se considere necesario polo profesorado desta especialidade. Esta posibilidade estará dirixida a alumnado de cursos avanzados e poderá ser revisada anualmente.

 

Non poderá usarse o piano de cola da Sala de Audicións como cabina de estudo. Excepcionalmente poderase autorizar o seu uso para ensaios de audicións ou probas. Esta autorización deberá concedela un membro do Equipo Directivo. 



page | by Dr. Radut