Skip to Content

Concerto de Inicio de curso 24/25

O próximo mércores 13 de novembro ás 19:45 hs. na Sala de Audicións do centro, e con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar o Concerto de Inicio de Curso do noso centro. Nesta ocasión contamos cun dos nosos exalumnos con maior proxección: o trompetista Manuel Madarnás. 

O repertorio abarcará diversos estilos, donde se poderán escoitar covers de cancións populares ademais dalgunha composición propia.

Manuel Madarnás comeza e remata os seus estudos profesionáis de trompeta no Conservatorio Profesional de Música de Tui da man de Víctor Alonso Treinta, profesor de trompeta do centro, no ano 2015. Este mesmo ano accede ao grao Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Posteriormente cursa e remata un máster de interpretación no Centro Superior de Música do País Vasco (MUSIKENE).

BECAS MUNICIPAIS PARA AXUDAS ÁS ENSINANZAS MUSICAIS QUE SE IMPARTIRON NO CONSERVATORIO E NA ESCOLA DE MÚSICA DE TUI: CURSO 23-24

A partir do pasado luns 28 de outubro e ata o próximo luns 25 de novembro de 2024 (incluído) ábrese o prazo para solicitar as becas municipais para axudas aos estudos artísticos musicais que se imparten no noso centro educativo correspondentes ao curso 2023/2024. As bases completas con toda a información do proceso pódense descargar no anexo inferior deste artigo. Tamén pódese descargar no anexo inferior a solicitude para as becas, a declaración responsable e a conta xustificativa simplificada, documentos que hai que cubrir e entregar para a correcta solicitude das axudas.

Lémbrase que o centro atenderá calquera dúbida, consulta ou petición de axuda para cumplimentar e entregar toda a documentación deste proceso durante o seu horario de secretaría: 

Luns de 9:00 a 13:00 hs. e de 15:00 a 18:00 hs.

De Martes a Venres en horario de 15:00 a 20:00 hs.

Entega de horarios para o curso 2024/2025

O próximo mércores día 10 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 hs. faranse entrega dos horarios para o curso 2024/2025 a TODO o alumnado do centro: Conservatorio Profesional, Conservatorio Elemental e Escola de Música.

A entrega de horarios será de xeito presencial no centro. Os alumnos que non poidan vir poderán chamar por teléfono ao 687 24 99 57.

Recordar que o prazo de cambio horario será dende este mércores 10 ao venres 12 (ambos inclusive) de xeito presencial ou a través do seguinte link:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/387

Concerto da Osquestra de Corda do centro no XVI FESTIVAL DE CORAIS

Mañan, sábado 15 de xuño ás 20:30 hs. na igrexa de Santo Domingo en Tui, terá lugar o XVI festival de corais no que participan a Coral Terceira Idade de Pensionistas da Guarda, a Coral do Centro Social de Tui e a nosa Orquestra de Cordas do Conservatorio Profesional de Música Municipal de Tui!

Cada agrupación realizará parte do seu repertorio propio e ao final as 3 agrupacións interpretarán en conxunto un par de obras que de seguro serán do agrado de toda a xente á que lle guste a boa música!

Distribuir contido


by Dr. Radut