try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

Actividades

PROGRAMA ATREVETE CURSO 2016-17. VISITA DEL CEIP CELSO EMILIO FERREIRO ( CERCEDA)
O dia 3 de marzo visitaronnos 15 alumnos do CEIP Celso emilio ferreiro de Cerceda dentro do programa ATREVETE.
Despois da charla de Emprendemento impartida pola orientadora (Angeles Piay) interviu o empresario Manuel Rivas Caridad director gerente de CORTIPLAS. Despois os alumnos visitaron as distintos talleres do centro e tamén recibiron unha charla no noso módulo bioclimatico " A Vieira"  a cargo do profesor Juan Bello.
O alumnado e profesores foronse moi satisfeitos e publicaron  a visita no seu blog do centro:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
VISITAS DE CENTROS DE PRIMARIA DA PROVINCIA DENTRO DO PROGRAMA ATREVETE
 
VISITA DE ALUMNADO DAONCE DE GALICIA AO CIFP SOMESO- CURSO 2014/2015
 No  terceiro trimestre de 2015 visítonos un grupo de alumnos do ONCE de toda  Galicia. O obxectivo era recibir unha charla sobre a importancia da imaxe persoal e coidados básicos do cabelo, uñas etc.
Despois da charla os alumnos que o desexaron recibiron varios tratamentos : peiteados, masaxes, maquillaxe etc. 
A experiencia foi moi gratificante tanto para os alumnos da ONCE como para o noso alumnado que puido constatar o fácil que é  comunicarse con persoas cegas e o próximas que son,perdendo ese medo a non comprenderse que ás veces presenta a súa minusvalía.
Informáronnos os seus acompañantes que os mozos/as cegos fóronse encantados polo trato recibido e pola experiencia tan marabillosa que tiveran.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
VISITA AO CAMPUS DE FERROL 13 DE FEBREIRO 2014
Os alumnos  de 2º curso do Ciclo uperior de Construción Metálicas e Fabricación Mecánica fixeron unha visita ao Campus de Ferrol xunto cos seus profesores titores o pasado 13 de febreiro, visitando a  Escola Politécnica Superior, a Escola Universitaria de Diseño Industrial  e a Escola Universitaria Politécnica.
 
 
 
 
 
 
 
 
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS A FORMACIÓN- CARRERA SOLIDARIA 2012
 
O pasado 17 de febreiro fixemos unha carreira solidaria colaborando coa ONG SAVE CHILDREN como fixeramos o curso pasado, esta vez o obxetivo era recaudar fondos para construir escolas no Congo. Desgraciadamente o número de participantes foi moito menor ao do curso pasado, pero o entusiasmo e o bo ambiente creado nos que alí estabamos ,poido compensar esa falla de participación . Aproveitamos para facer tamén un concurso de disfraces de ANTROIDO en colaboración co DEPARTAMENTO DE NORMALIZACION pois tiñamos as festas a porta, unicamente participaron unhas alumnas de 2º CM Peiteado que mereceron todos os nosos aplausos pola súa simpatía e espíritu solidario.
 
 
 
GANADORA DO PREMIO INDIVIDUAL COA SUA TITORA
 
 
GRUPO DE CM 2 PEITEADO
  
 
 
 
ACTIVIDADES DE TITORÍA PARA ALUMNADO CICLOS SUPERIORES: CHARLA VOLUNTARIADO EUROPEO E PROGRAMAS EUROPEOS
 
O pasado 5 de amio de 2011 tivo lugar no CIFP SOMESO unha charla impartida por : Adelina Edreira e Laura Silva para o alumnado dos ciclos superiores, pois as idades para participar neste tipo de voluntariado van de 18 a 30 anos. Tamén falaron dos proxectos europeos en xeral e de outro tipo de voluntariado que se pode realizar na nosa cidade.

O pasado 6 de abril (2011) o alumnado do PCPI de Fonataría, Fabricación mecánica e Automoción foron visitar un centro que o CENFIM ( Centro de Formaçao Profissional da Indústria Metalúrgica e Metalomecânica) ten en Arcos de Valdevez.A visita foi dun alto grao de interés tanto para o alumnado como para o profesorado acompañante ( dous profesores de fabricación mecánica , o titor do PCPI de fontanaria , o titor do PCPI de automoción e a orientadora do centro).

O 4 de marzo (2011) a partir das 11h tivo lugar no noso centro a CARREIRA SOLIDARIA con HAITI. Tanto o alumnado como o profesorado participaron nesta carreira solidaria que tiña como finalidade recaudar fondos e envialos a ONG" SAVE CHILDREN " ( foi a que nos facilitou o material informativo, dorsais etc)para colaborar con esta ONG na reconstrucción de escolas en Haiti . O centro aportou as bebidas para os participantes e os trofeos conmemorativos da carreira que foron otorgados as clases con maior participación de alumnado e a persoa que individualmente recaudara máis fondos. Os participantes tiñan que facer un circuito e conseguir anteriormente patrocinadores que lles pagarían una determinada cantidade( a voluntade) en euros por facer ese circuito.O recaudado foron 1.100euros (pode verse xustificante de ingreso no arquivo adxunto).
Os premiados na modalidade grupo foron: CM Mecanizado 2, e CM Carrocería1.
O premio individual foi para unha alumna do Ciclo Superior de Estética.
As organizadoras membros do Departamento de Orientación e o Equipo Directivo queren agradecer aos participantes a súa colaboración polo seu esforzo e apoio por esta boa causa pero ademáis porque con este tipo de actividades fortalecemos o bo clima de convivencia que ten o noso centro.