Skip to Content
         Instagram Facebook 

Sobre Nós

 O Centro Integrado de Formación Profesional Valentín Paz Andrade atópase na periferia da cidade de Vigo, nunha área preto de importantes vías de comunicación (autovía das Rías Baixas, autoestrada A Coruña-Tui, autoestrada a Baiona, 2º cinto de Vigo,…); próximo tamén ao aeroporto de Vigo. A zona conta cunha grande presenza industrial: polígonos do Concello de Vigo, Mos e Porriño. 

Admisión curso 2021-22

Presentación de solicitudes do período ordinario: do 25 de xuño ás 09:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas.

NOVIDADES NA OFERTA FORMATIVA DO CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE PARA O CURSO 2021-22:

  • CM Carrozaría (Modalidade DUAL)
  • CM Instalacións frigoríficas e de climatización (Modalidade DUAL)
  • CS Automoción (Modalidade DUAL)
  • Curso de especialización en Fabricación Aditiva

 

Para acceder a este curso de especialización é necesario estar en posesión, entre outros, dalgún dos seguintes títulos:

Conmocionados polo falecemento de Alfonso Paz-Andrade

A comunidade educativa do CIFP Valentín Paz Andrade lamenta profundamente o falecemento de Alfonso Paz-Andrade, empresario comprometido co centro que leva o nome do seu pai, como demostrou en numerosas ocasións en que participou en diversas actividades levadas a cabo nel.

Dende aquí enviamos unha forte aperta á súa familia.

Concurso Eduemprende Idea 2021

A Xunta convoca o concurso Eduemprende Idea 2021, para fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado.

  • Está dirixido a estudantes matriculados nas ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
  • Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de grao medio e de grao superior.


Máis información en: https://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea

Distribuir contido


by Dr. Radut