Skip to Content
         Instagram Facebook 

INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO DIXITAL

AULAS TECNOLÓXICAS:

  • O centro dispón dunha Aula Tecnolóxica especializada en Enerxía e Auga, onde poder obter o máximo beneficio da actividade do profesorado e na formación do alumnado, centralizando neste espazo, e á vez compartindo, experiencias e investigación na especialidade.

 

  • A segunda Aula Tecnolóxica especializada do CIFP VPA é  a Aula  de tecnoloxía aplicada de ELECTROMOBILIDADE.  Un espazo innovador no que ferramentas dixitais, equipos audiovisuais e entornas virtuais de simulación esperten o interese do alumnado e faciliten o proceso ensino-aprendizaxe. Un taller preparado para que a realización de proxectos educativos e no que a experimentación por parte dos propios alumnos forme parte dun proceso de aprendizaxe máis activo e significativo.


 

DIXITALIZACIÓN E INNOVACIÓN METODOLÓXICA

O Centro actualízase en recursos necesarios para formar ao alumnado e ofrecer competitividade ás empresas nunhas contornas cada vez máis dixitalizadas. Así mesmo o profesorado utilizada progresivamente metodoloxías innovadoras e recursos didácticos dixitais que melloran o rendemento do ensino-aprendizaxe e favorecen a adaptación do alumnado ás necesidades actuais.

Polo tanto dispoñemos de recursos materiais como simuladores e adestradores virtuais de última xeración, monitores interactivos, gafas 3D, Equipos de impresoras 3D, maquetas interactivas, etc.

O CIFP Valentín Paz Andrade forma parte da Rede Galega de Educación Dixital.

 

PLAN DIXITAL

O Plan Dixital do CIFP marca e supervisa a actividade cara á mellora da competencia dixital do profesorado e do alumnado.

 

 Documento (23-24)

No seu Plan de acción dixital, entre outros obxectivos, o centro proxecta situarse como Polo Creativo, para fomentar competencias dixitais e científico-tecnolóxicas, e tamén artísticas do conxunto da cidadanía, enfocando a unha aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria.

 

 



page | by Dr. Radut