EMPRENDEDORAS
EMPRENDEDORAS No Valentín Paz Andrade.
Comezamos esta semana, na que conmemoramos o día da muller emprendedora, cunha interesante mesa redonda na que participaron
Susana Pérez Iglesias, directora de Empresarias Galicia e emprendedora por partida dobre, directora de INFI e de Etiqueta Ibérica.
Lorena Pérez Pintos, creadora de Negocios Funky, axencia de marketing dixital, diseñadora web e formadora especializada en colectivos en risco de exclusión.
Laura Fernández Ocampo, emprendedora exalumna do Cifp Valentín Paz Andrade no ciclo de Deseño e Amoblamento e premio extraordinario de FP 2019-20. Actualmente lidera a empresa familiar Carpintaría Fonte do Tallo en expansión con dúas novas liñas de negocio: Factory Pau e Barnizados Porriño.
Durante o desenvolvemento da xornada, organizada a través de Aulas de Emprendemento, se abordaron temas coma o valor social que aporta o emprendemento feminino, tamén os principais obstáculos e como minimizalos, a conciliación coa vida persoal e familiar e a corresponsabilidade, as cifras sobre emprendemento en Galicia e as tendencias emerxentes.
Esta cita tivo unha boa acollida no noso centro o que axuda a crecer, enriquecer e fortalecer a nosa comunidade.