"Formación para educación financeira". Afundación.
Este mes de maio tivo lugar unha interesante Dinamica de Educación Financeira, realizada pola ponente Carlota Sanchez-Montaña Puga, licenciada en Dereito e Licenciada en CC. Económicas e Empresariais, e M.B.A.
Esta actividade foi realizada por Grupos montando unha empresa ficticia de construción de avións, onde o noso alumnado non só practicou a montar un negocio en grupo, senón tamén temas tan importantes como o Custo, o Investimento e o Financiamento da posta en marcha dunha nova empresa.
Participou o alumnado do CS modular de Instalación e Amoblamento, e o CS modular de Automoción. Coas profesoras Silvia de Pablos e Ángela Martínez.
A Actividade sufragouna economicamente Afundación, no seu punto "Formación para educación financeira".
Fotos da dinamica, e foto da relatora Carlota, con Ángela e Silvia.