Skip to Content
         Instagram Facebook 

FP Innova (segunda xornada)

Nesta seguda xornada, o estand do proxecto do Dpto. de Madeira, moble e cortiza recibiu a visita do Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Interesouse o presidente polas características desta innovadora opción ("FreeFenestra") e estivo atento ás explicacións dadas polo coordinador do proxecto, Enrique Pena.

Así mesmo o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e a Directora Xerral de FP, Mª Eugenia Pérez, volveron estar na exposición dos proxectos de innovación asociados ao CIFP Valentín Paz Andrade.

O proxecto Smarthome con autoconsumo eléctrico e térmico mediante hidróxeno verde” co seu coordinador, José Antonio Rodríguez, tivo visitas interesadas en coñecer os aspectos técnicos do prototipo de sistema para autoconsumo integral da enerxía dunha vivenda, grazas á utilización de hidróxeno verde como vector enerxético completo (xeración, acumulación e combustión). (segundo vídeo e dúas das últimas fotos)

O terceiro proxecto de innovación do CIFP VPA, "RobLab: simulación de soldadura robotizada", mostrou as opcións dos entrenadores dixitais na formación, e a combinación disto con sistemas robotizados para soldadura. (dúas últimas fotos)

Ver PRIMEIRO vídeo completo

Ver SEGUNDO vídeo completo



nova | by Dr. Radut