III Mostra de educación e formación de Mos
No labor do CIFP VPA de difundir as posibilidades da formación profesional e dar a coñecer a nosa propia oferta de actividade formativa, estivemos en FormaMos.
O alumnado da ESO, Bacherelato e público en xeral, experimentaron as posibilidades da realidade virtual en actividades de formación técnica, practicaron co entrenador dixital de soldadura, e comprobaron a versatilidade da maqueta de motor didáctico en funcionameto e con motivadoras explicacións.
A este curioso potencial alumnado quedoulle unha boa imaxe da formación actualizada que se imparte no VPA nos diferentes ciclos formativos.