Skip to Content
         Instagram Facebook 

MULLERES CON IMPACTO

Referentes necesarias, seguras de sí mesmas, con distinta traxectoria vital e profesional, exemplo de valentía, protagonistas do cambio.

Ángeles Martínez, Ana Alonso e Andrea Iglesias nos acompañaron na semana adicada á Muller no Cifp Valentín Paz Andrade, nun evento coordinado por Emprendemento.

 

  • Ángeles Martínez , responsable do Departamento Xurídico dunha multinacional do ámbito das telecomunicacións, en videoconferencia desde Barcelona, onde reside e traballa. 
  • Ana Alonso, ecomomista e Vicedirectora Xeral de CITIC HIC Gándara Censa SAU, empresa multinacional de O Porriño que desenvolve a súa actividade en mercados tan diversos como o do cemento, minería, enerxías renovables, offshore, tuneladoras e petroquímica. 
  • Andrea Iglesias, ex alumna do CS de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluidos no Cifp Valentín Paz Andrade. Actualmente traballando na oficina técnica dun astilleiro de Vigo. “Socia Joven” da Patronal de empresas instaladoras de Pontevedra –Foncalor

 

Na mesa redonda aberta á participación de alumnado e profesorado deste e doutros centros educativos, abordáronse cuestións relativas aos principáis desafíos aos que se enfrentan as mulleres ao traballar en sectores altamente masculinizados, cómo fomentar a participación activa da muller na empresa, aspectos positivos e negativos vencellados ao liderado feminino e as vantaxes do emprendemento en mulleres na sociedade actual.



nova | by Dr. Radut