Skip to Content
         Instagram Facebook 

Alumnado do Máster en Investigación Química e Química Industrial no CIFP VPA

Alumnado da UVigo, do Máster en Investigación Química e Química Industrial, visitaron o CIFP Valentín Paz Andrade con motivo de coñecer o Proxecto de Innovación HIDRÓXENO VERDE PARA AUTOCONSUMO. Especialmente recibiron información sobre o sistema de control que se está facendo no piloto do proxecto.

Este proxecto de innovación do CIFP Valentín Paz Andrade, coordinado polo profesor José Rodríguez, foi premiado como proxecto de innovación tecnolóxica no ámbito da Formación Profesional na convocatoria 2023.

Decrición do proxecto:

Montaxe de prototipo de sistema para autoconsumo integral da enerxía dunha vivenda, grazas á utilización de hidróxeno verde como vector enerxético completo (xeración, acumulación e combustión). O autoconsumo integral fai referencia a que é tanto eléctrico (electrodomésticos e iluminación) coma térmico (caldeira de combustión de hidróxeno). Así, todos os consumos serán renovables e limpos, sendo as emisións de CO2 da vivenda nulas.

Colaboradores:

Dpto. Enerxía e Auga
Dpto. Instalación e Mantemento 
Dpto. Fabricación Mecánica Transporte e Mantementode Vehículos
OME INGENIERÍA. 
UNIVERSIDADE DE VIGO. DPTO. ENXEÑARÍA QUÍMICA

 

Fotos: Profesorado e alumnado do máster e do CS de Enerxías Renovables



nova | by Dr. Radut