INNOVATECH. Xornada de lanzamento
Xornada de Lanzamento de retos do Programa INNOVATECHFP na que o CIFP Valentín Paz Andrade presentou os seus equipos.
Ata a o CIFP Universidade Laboral de Culleredo desprazáronse alumnos/as de:
- FP Básica de Mantemento de Vehículos, que formarán equipo coordinado polo seu profesor Jaime Villar.
- C.S. Enerxías Renovables e C.S. Deseño en Fabricación Mecánica, en equipo coordinado por Carlos Lamela.
- Curso de Especialización en Auditoría Enerxética, equipo coordinado por María Fe Prado.
Xunto a eles o director do CIFP, Alfonso Silva, e a Coordinadora de Emprendemento, Mabel Argibay.
Nesta xornada, 10 empresas galegas de diferentes sectores explicaron os retos sobre os que se desenvolveránproxectos innovadores que aporten solucións. Ademais, o alumnado participante neste programa recibíu dúas charlas formativas da man de Raquel Pedrouso e Miguel Ángel Llorente.
Así despegamos un proxecto ilusionante que fomenta sinerxías entre a FP galega e o tecido empresarial.
#fpgalicia #formacionprofesional #centroinnovacionfpeduardobarreiros #emprendimiento #Emprende_VPA
#cifpvalentinpazandrade