Skip to Content
         Instagram Facebook 

ACTIVIDADES NOVEMBRO - PROFESORADO E ALUMNADO

  • Desde Coordinación de Emprendemento estanse a organizar unhas Xornadas sobre Intelixencia Artificial. O luns 13 de novembro realizarase a apertura deste evento no Salón de Actos, onde varios profesionais e expertos exporán as súas experiencias traballando ou investigando neste campo (aberto a toda a comunidade educativa- profesorado e alumnado- ata completar aforo).

  • En relación ao Obradoiro para profesorado sobre Intelixencia Artificial, a escasa petición da quenda da mañá (tan só 2 profes) obriga a desestimar esta opción, polo que se fará en horario de tarde, de 16-19h os martes 14, 21 e 28 de novembro (aula por determinar). Non obstante, o profesorado que solicitou as mañás ou calquera outro que o desexe, pódese achegar e unirse ao taller se algún día en concreto puidese, xa que o contido do mesmo vai abordando temática diferenciada entre as distintas xornadas e sempre pode ser enriquecedor. Esperamos poder repetilo noutro curso académico para cubrir as diferentes necesidades do profesorado.

  • Ademais diso, temos previsto uns obradoiros para o alumnado onde se traballarán Píldoras Dixitais (do 20 ao 23 de novembro no Salón de Actos), para mellorar as súas competencias en relación ao emprendemento e tamén sobre Intelixencia Artificial para alumnado (13 e 14 de novembro, aula por determinar).

  • Por outra banda, desenvolverase o luns 6 de novembro un taller sobre Marketing e sostenibilidade para o alumnado de segundo de Eficiencia Enerxética e o de Renovables (Aula ATENA2).

  • Todo o alumnado destes obradoiros será de segundo curso do réxime ordinario e terá carácter obrigatorio, polo que prestade atención á documentación que se anexa para comprobar os grupos afectados e o seu horario e tamén para a xestión das faltas de asistencia.



nova | by Dr. Radut