Skip to Content
         Instagram Facebook 

FP INNOVA. Mostrando os proxectos do VPA

O noso CIFP presentou na Feira FPINNOVA, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, Os Poxectos de Innovación do CIFP premiados na pasada convocatoria da Consellería: Picohidráulica IoT para autoconsumo (coordinado por Carlos Lamela, de Enerxía e auga) e Monitorización dos parámetros funcionais dun motor de combustión (coordinado por Iván Riobó, de Transporte e mantemento de vehículos).

 Ademais, profesorado e alumnado do departamento de Fabricación mecánica fixo unha demostración de escaneado e impresión 3D aos asistentes.

Moitas grazas a todos.

Este evento trátase da quinta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a Formación Profesional de Galicia.

 #FPGalicia #FP #formaciónprofesional #fpdualgalicia

 

PROXECTOS EXPOSTOS:

  • “MONITORIZACIÓN DOS PARÁMETROS FUNCIONAIS DUN MOTOR DE COMBUSTIÓN” en colaboración coas empresas CASA GROBAS, COMEGAL e XICAPAM

Coordinador: Ivan Riobó Carballo

  • “PICOHIDRÁULICA IoT PARA AUTOCONSUMO”, en colaboración co IES Val Miñor e a empresa MILSA TRILLO Galicia.

Coordinador: Carlos Lamela Pazos

“Fabricación aditiva”, demostración de produtos de fabricación complexa, dende o deseño e escaneo ata a produción e acabamento final.

Ubaldo Costas e Rocío Pazos

 



nova | by Dr. Radut