Doazón dunha caseta de madeira, alimentos e material para “Os biosbardos”
O 4 de novembro, rematamos no centro a recompilación de alimentos e material para, xunto coa caseta de madeira realizada polo alumnado do CM de Carpintaría e moble, entregarllo todo ao persoal da protectora de animais de Ponteareas “Os biosbardos”.
O alumnado de FP Básica de mantemento de vehículos xa estivera visitando as instalacións e os animais o curso pasado, e este curso colaboraron tamén nesta campaña de doazón. Grazas a todos estes alumnos/as de FP Básica de auto e da Familia de madeira e moble, e ás profesoras Mariela e María.
Anímate a adoptar!!