Presentación de libros escritos polo profesorado do centro
O mércores día 26 de outubro, Silvia e Sergio (profesores de FOL e de Automoción respectivamente) presentaron sendos libros da súa autoría. Agradecemos a cesión á biblioteca do centro (Nautilus) para desfrutar da súa lectura. “Galiciam Stories” de Silvia, e “Gali, vida dun mastín” de Sergio.
Con estes xa son tres libros escritos por profesorado do CIFP nos dous últimos anos, contando co escrito por Denis “La mística de un grano de arena”, profesor de Enerxía e Auga.
Seguro que aumentrará o número de novos/as escritores/as entre profesorado e alumnado, porque é un magnífico xeito de compartir.