MATRÍCULA (curso 24-25). Información e documentación necesaria. (DESPOIS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZA NA ADMISIÓN)
AVISO: Antes de proceder a matricularse, débese confirmar que se ten unha praza adxudicada.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA (a presentar no Centro):
- Sobre de matrícula e impreso de matrícula cuberto (facilitarase no Centro).
- Orixinal e copia do DNI, Pasaporte ou NIE
- Unha fotografía tamaño carné (con nome completo polo dorso)
- Orixinal e copia da Tarxeta Sanitaria (só para o alumnado de novo ingreso).
- O alumnado menor de 28 anos, ao 31 de decembro de 2024, debe aportar o resgardo bancario que acredite ter efectuado o pago do SEGURO ESCOLAR en calquera oficina de ABANCA.
IBAN |
ENTIDADE (ABANCA) |
SUCURSAL |
DC |
Nº CONTA |
IMPORTE |
ES55 |
2080 |
5092 |
05 |
3040027555 |
1,12 € |
- Certificación académica, no suposto de estudos:
- anteriores ao ano 2006
- universitarios
- realizados fora da Comunidade Autónoma de Galicia