Solicitude de renuncia da FCT
O alumnado poderá solicitar a renuncia ao módulo de FCT e, xa que logo, á súa avaliación, co fin de non esgotar as dúas posibilidades de matrícula previstas para o réxime ordinario, acreditando alguna das seguintes circunstancias:
- Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico.
- Incorporación laboral acreditada mediante contrato de traballo.
- Obrigas de tipo familiar xustificadas que impidan a normal dedicación aos estudos.
- Outras de carácter análogo que a dirección do centro estime oportuno, por proposta do equipo docente.
As solicitudes deberán presentarse perante o director ou a directora do centro nun prazo de, cando menos, dous meses antes da avaliación final do módulo da FCT. No caso de centros públicos, a dirección resolverá no prazo máximo de dez días. No caso de centros privados, resolverá o director ou a directora do centro público ao que estean adscritos no mesmo prazo, a partir da data da recepción da solicitude no centro público.
O alumnado procedente de renuncia únicamente deberá solicitar a reincorporación no mes inmediatamente anterior do comezo do novo período. Non se terán en conta as xornadas realizadas antes de solicitar a renuncia, é dicir, cumprirá iniciar o módulo de FCT de novo.