Exención do módulo de Formación en centros de traballo (FCT)
O módulo de FCT é susceptible de exención pola súa correspondencia coa experiencia laboral, segundo se establece no artigo 49, do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro (BOE do 3 de xaneiro), polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo.
- A solicitude requirirá a matrícula previa do alumno nun centro docente autorizado para impartir estas ensinanzas
- A solicitude presentarase na secretaría do centro mediante o modelo de instancia que tes a túa disposición na conserxería, polo menos 20 días hábiles antes do inicio das actividades programadas para o módulo de FCT.
- A exención poderá ser total ou parcial, dependendo da correspondencia que haxa entre a experiencia acreditada e os contidos do módulo formativo de FCT.
- O Titor ou Titora deberá emitir informe sobre a solicitude de exención do módulo de FCT no referente á idoneidade das actividades desenvolvidas, contrastando a documentación presentada pola persoa solicitante coas capacidades terminais que se deben acadar en cada caso. Para elaborar o informe reunirá a información precisa do profesora que forma parte do equipo docente
- Sobre a exención do módulo de FCT resolverá a dirección do centro
- Débese acreditar unha experiencia laboral correspondente ao traballo a tempo completo dun ano, relacionada cos estudos profesionais respectivos. No caso de contratos a tempo parcial, os días de cotización deberán ser equivalentes a un ano a tempo completo, e achegar a documentación seguinte:
- Solicitude á dirección do centro.
- Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ou da mutualidade laboral á que se estivese afiliado ou afiliada, na que conste a empresa, a categoría laboral, o grupo de cotización e o período de contratación ou, de ser o caso, o período de cotización en réxime especial de traballadores autónomos, ou calquera outro medio de proba admitido en dereito.
- Certificación da empresa na que se indique especificamente a duración do contrato, as actividades desenvolvidas e o período en que se realizaron estas actividades. No caso de traballadores e traballadoras por conta propia, certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.
- O proceso deberá ser resolto pola dirección nun prazo non superior a dez días.