Publicada a listaxe de persoas admitidas nos ciclos de DUAL para o vindeiro curso 2023-24, en primeira quenda. Pódese consultar nos seguintes enlaces:
CICLO MEDIO DE ACEITES DE OLIVA E VIÑOS
CICLO MEDIO DE XARDINARÍA E FLORARÍA
CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Ou ben accedendo co identificador persoal en:
As persoas admitidas poderán asistir ás entrevistas persoais coas empresas no CIFP A GRANXA segundo o seguinte programa:
CICLO MEDIO DE ACEITES DE OLIVA E VIÑOS: Mércores 12/07/2023, presentación ás 11:30 ata as 14:00h
CICLO MEDIO DE XARDINARÍA E FLORARÍA: Xoves 13/07/2023, presentación ás 11:30 ata as 14:00h
CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL: Venres 14/07/2023, presentación ás 11:30 ata as 14:00h
A PRESENTACIÓN E ENTREVISTA TEN CARÁCTER VOLUNTARIO.
O luns 17 de xullo publicaranse as prazas adxudicadas por empresa nesta primeira quenda, as de espera e as vacantes, iniciándose o prazo de matriculación da primeira adxudicación do 18 ao 26 de xullo.