Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en organizar e controlar os procesos de elaboración de produtos alimentarios programando e supervisando as operacións e os recursos materiais e humanos necesarios, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.
En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes da industria alimentaria integradas nun equipo de traballo onde realizan tarefas de xestión da produción, organización e control, nas áreas funcionais de loxística, investigación e desenvolvemento, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental. Actúan como mandos intermedios baixo a supervisión de persoal responsable técnico de nivel superior, aínda que en pequenas empresas dispoñen dun maior grao de autonomía, e poden asumir labores de xestión e dirección de empresa.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de liña, de planta de fabricación, de sección ou de almacén; xefe de quenda; supervisor/ora de equipamentos, procesos e produtos; encargado/a de produción; encargado/a de elaboración de novos produtos e desenvolvemento de procesos; técnico/a en análise de alimentos; técnico/a en análise sensorial; técnico/a en laboratorio de control de calidade; inspector/ora ou auditor/ora de calidade; encargado/a da xestión da seguridade alimentaria; encargado/a de aprovisionamentos; encargado/a da liña de envasamento e embalaxe; encargado/a de control ambiental e seguridade laboral; técnico/a comercial.
Módulos
1º
Análise de alimentos
Biotecnoloxía alimentaria
Formación e orientación laboral
Innovación alimentaria
Mantemento electromecánico en industrias de proceso
Nutrición e seguridade alimentaria
Tratamentos de preparación e conservación dos alimentosganización da produción alimentaria
2º
Comercialización e loxística na industria alimentaria
Control microbiolóxico e sensorial dos alimentos
Empresa e iniciativa emprendedora
Formación en centros de traballo
Procesos integrados na industria alimentaria
Proxecto en procesos e calidade na industria alimentaria
Tecnoloxía alimentaria
Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria