try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Calendario escolar curso 2022-2023

Hoxe publicouse no DOG o calendario escolar para o vindeiro curso 2022-2023.

Deixámosvos aquí as datas máis importantes:

 

Artigo 5. Calendario das actividades lectivas

 

1. As actividades lectivas nos ensinos de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional se reali-
zarán desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

 

 

 

Artigo 6. Vacacións escolares

 

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2022/23 serán os seguintes:

 

Nadal: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, am-
bos inclusive.

 

Entroido: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.

 

Semana Santa: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

 

 

 

Artigo 7. Días non lectivos

 

1. Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así decla-
rados pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, so-
bre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

 

3. Ademais dos anteriores, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo e que no curso 2022/23 celebrarase o 31 de outubro de 2022.