try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

O ENTROIDO

 

O Entroido é unha das festas máis celebradas en toda Galicia, onde a tradición e o humor son case unha soa verba. Como nos gosta aos galegos o Entroido!

 

Hoxe presentamos o documental “Mar de Terra” [ https://vimeo.com/416613443 ]. No documental, o músico Kepa Junkera mergúllase no entroido ourensán, indo percorrendo os concellos de Laza, Xinzo, Verín, Viana do Bolo, Vilariño de Conso ou Manzaneda, lugares onde se vive con pasión estas festas.

 

Este documental presentouse na edición do Festival de Cine de Ourense do 2018. Dende o domingo ata finais de febreiro o productor do documental, Javier Torquati, decidiuno subir á plataforma Vimeo xenerosamente para que todos podamos gozar del.

 

E aí o tedes, imaxes moi de aquí, de amor profundo á terra, ás tradicións e a pasalo ben...que ás veces non valoramos o suficiente. Este ano, que nos toca gardar na casa, de seguro que o botaremos de menos.