try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

PROCESO DE ADMISIÓN

O proceso de admisión está centralizado, e as solicitudes fanse telematicamente.

Achégase un pequeno titorial de como facer esas solicitudes.

Máis información:

 

Periodo ordinario (dende finais de xuño ata finais de xullo). Haberá que ter en conta que o proceso de admisión consta de diferentes fases

  1. Presentación de solicitudes: normalmente a derradeira semana de xuño.
  2. Listaxe provisional de solicitudes: é moi importante revisar que estemos incluídos; de non ser poderase presentar unha reclamación no centro onde se presentou a solicitude.
  3. Listaxe definitiva de solicitudes: unha vez resoltas as reclamacións. 
  4. 1ª Adxudicación: Vai a coincidir no mesmo día que saia a listaxe definitiva.
  5. Matriculación da primeira adxudicación: todo aquel alumnado que saia publicado na listaxe definitiva deberá de facer efectiva a matrícula. É moi importante non confundir esta fase coa de presentación de solicitudes. Se a matrícula non se fai efectiva, a praza pérdese.
  6. 2ª Adxudicación: adxudicaranse prazas a aqueles solicitantes que non obtiveron plaza na 1ª adxudicación (cubriranse as prazas vacantes).
  7. Matriculación 2ªadxudicación: todo aquel alumnado que saia publicado na listaxe de 2ª adxudicación terá que facer efectiva a matrícula.

Periodo extraordinario (mes de setembro). As fases son moi similares ás de xuño.

Periodo de matrícula simultánea (na última semana de setembro): Para todos aqueles alumnos que xa teñen unha matrícula no mesmo centro ou noutro diferente.