try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

CB AGROXARDINARÍA E COMPOSICIÓNS FLORAIS

QUÉ SE APRENDE A FACER?

Elaborar composicións con flores e plantas e realizar operacións auxiliares en cultivos, en produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría, colaborando na preparación do terreo e na implantación e mantemento de xardíns, parques e zonas verdes,operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

DURACIÓN DO CICLO: 2000 horas.

QUÉ TÍTULO SE OBTÉN? Profesional básico en Agroxardinaría e composicións florais.

MÓDULOS PROFESIONAIS DE 1º CURSO

  • Comunicación e sociedade I
  • Ciencias aplicadas I
  • Operacións auxiliares de preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos
  • Operacións básicas de produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinaría
  • Operacións básicas en instalacións de xardíns, parques e zonas verdes
  • Operacións básicas para o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes.

MÓDULOS PROFESIONAIS DE 2º CURSO

  • Actividades de rega, fertilización e tratamentos en cultivos
  • Comunicación e sociedade II
  • Ciencias aplicadas II
  • Materiais de floraría
  • Operacións auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas
  • Formación en centros de traballos (FCT)

Máis información

http://www.edu.xunta.gal/fp/familias-profesionais?familia=AGA&grao=B