Emprendemento

 

Xornada Eduemprende Actúa 20/21: "A actividade emprendedora como chave para o teu futuro"

Eduemprende Actúa 20/21: "A actividade emprendedora como chave para o teu futuro"


 

O día 2 de febreiro, de 12:00 a 13:30 hs. terá lugar a través de videoconferencia, para todo o alumnado de 2º curso de ciclos formativos, a xornada que levamos a cabo todos anos, do Programa Eduemprende Actúa. 

Terá lugar unha mesa redonda, dinamizada por Verónica Rodríguez Ruzo, técnica do IGAPE e  coa participación de catro emprendedores da zona de Ferrolterra, todos eles asociados a AJE Ferrol:

- Patricia Filgueira, da empresa Espacio vivo

- Pablo Rivera,  da empresa 2Ksystem

- David Filgueiras, da empresa Prometal

- Raúl Lomba, da empresa Waves

Esperamos a participación de todo o noso alumnado e o profesorado nesta xornada de emprendemento para aproveitar as experiencias destes emprendedores.

 

Obradoiros emprendemento para os alumnos de 2º

O mércores 11 de novembro terá lugar no CIFP Ferrolterra o 1º Obradoiro de emprendemento deste curso 2020-21 dirixido a todos o nosos alumnos de 2º curso de ciclos formativos, de diurno e modular.

Estes obradoiros teñen como obxectivo impulsar e promover a iniciativa emprendedora entre o alumnado do centro.

O obradoiro será impartido por PromoveConsultoras.

Haberá  dúas sesións: unha de mañá as 10:45 e outra as 18:15 da tarde.

Este ano debido a situación que estamos a vivir pola Covid-19 realizaranse de xeito telemático, a través de

videoconferencia.

Esperamos a boa acollida destes obradoiros entre o alumnado e agradecemos a colaboración do profesorado para a súa realización.

I Concurso de Ideas Emprendedoras CIFP Ferrolterra: "A túa idea nun minuto"


 

A TÚA IDEA NUN MINUTO

  • Se tes unha idea de negocio,  o CIFP Ferrolterra convoca o  I Concurso de ideas emprendedoras.

- E o momento de que a des a coñecer. Ademáis, a túa idea pode ter premio €€€€€

- Pode participar todo o alumnado do centro (matriculados no curso académico 19_20) de 1º e 2º curso, individualmente ou en equipos de 3 ou 4 participantes

- O prazo de presentación de ideas é do 2 ao 15 marzo. Para  incribirte no Concurso enche o formulario que aparece no enlace

                  https://forms.gle/XPfNtSWBuUxvCLXT8

ou a través do QR que aparecen no cartel do concurso que encontraredes colgado polo centro. 

- Se precisas asesoramento ou seguimento para a túa idea a Coordinación de emprendemento e o profesorado do Departamento de FOL están ao teu dispor.  (Axudámosche a que expoñas a túa idea.)

- Terás  1 minuto de tempo para facer a presentación da túa idea do xeito que ti desexes e coa ferramenta que ti escollas (Imaxe corporativa, video, prezzi, xogo, cartel, prototipo,…) recorda que a presentación é o que vai ver o xurado.

- O acto de presentación das ideas terá lugar o día 18 de marzo ás 13:00hs.

- O xurado estará composto por  profesorado e  alumnado das familias profesionais do centro. Ademáis  o alumnado asistente votará directamente, no acto de presentación das ideas,  aquelas 3 que consideren as mellores.

- As 6 mellores ideas serán votadas dacordo ao seguinte criterio: 50% votación do xurado e 50% votación do alumnado presente. No caso de empate prevalecerá a puntuación do xurado.

- As mellores ideas terán premio en metálico máis unha  visita guiada a empresas do sector,  para que coñezades aos emprendedor@s da comarca de Ferrolterra.

    •  1º premio:  250 €
    •  2º premio:  150 €
    •  3º premio:  Catro premios de 50 €

- Aquí tedes a táboa para a valoración das ideas que se presenten e que o xurado utilizará para valorar as vosas ideas (TÉDEO EN CONTA!!!!!):

           

- ANIMADEVOS A PARTICIPAR, ESPERAMOS AS VOSAS IDEAS

- AS MELLORES IDEAS TEÑEN PREMIO!!!!!!!

Obradoiros de Emprendemento no CIFP Ferrolterra

       Emprendemento no CIFP Ferrolterra

           Obradoiros de Dinamización e Motivación ao Emprendemento dirixidos aos alumnos de segundo curso de ciclos formativos

    Obxectivo: Achegar, fomentar e motivar o espírito emprendedor entre o alumnado do CIFP Ferrolterra como alternativa para introducirse no mercado laboral.

    Datas: 14, 21 e 28 de Novembro

    Impartido por PROMOVE, consultoría e formación SLNE

 Contido dos Obradoiros:

I.-Sesión de Motivación ao Emprendemento.

      Data: 14 de Novembro de 10:45 -11:45

      Dirixido a todos os alumnos de 2º curso de ciclos formativos.

      Programa: - Razóns para non emprender. Desmontando mitos.

        • Fontes de ideas de negocio.
        • Casos de éxito relacionadas coas familias profesionais do CIFP Ferrolterra.
        • Inscrición do alumnado interesado nos talleres II e III.

II.-Creatividade e Innovación. Identificando Oportunidades de negocio

       Data: 21 de Novembro  de 10:45 -11:45

       Dirixido a todos os alumnos de 2º curso interesados en participar na actividade.

       Programa: - Que é a creatividade e a innovación empresarial.

        • Analizando ON na nosa contorna. 
        • Empresas reais que aplican a innovación/creatividade.

            III.-Análise e Avaliación de Oportunidades de Negocio

    Data: 28 de Novembro de 10:45 - 12:45

    Dirixido a todos os alumnos de 2º curso interesados en participar na actividade.

    Programa: - Lean Canvas: ferramenta para a avaliación de ON.  

        • Análise de proxectos empresariais reais co CANVAS.
        • Práctica: Análise das ideas de negocio escollidas polos alumnos coa ferramenta CANVAS.
        • Obxectivo: Presentación de proxectos ao Concurso de Ideas que vai levar a cabo no centro: “Emprendendo no CIFP Ferrolterra”.